fondo

mércores, 24 de abril de 2019

CAIXA SORPRESA

Introduccimos unha nova actividade na Asamblea que consiste nunha caixa sorpresa...Que terá? Dixeron de todo: roupa, zapatos, pantalón, camisa, señoras, animais...Ó abrila atopamoas varios animais que fomos collendo e describindo: ten cola, dúas orellas, catro patas, ten ollos, ten pelo, é un animal salvaxe ou doméstico, come herba, ou de todo, ou carne, nace da barriga...Traballamos así un montón de contidos e a descripción de obxetos. O seguinte xogo consistiu en que eu pensaba nun deses animais e eles facíanme preguntas de SI ou NON para adiviñar cal era Ten catro patas? Come de todo? é doméstico? Neste punto hai que guialos un pouco xa que tenden a contestar cun dos animais posibles non a facer preguntas




Cántos animais salvaxes hai? Cántos animais domésticos? Cantos animais hai?
Xa que a cousa iba de números presenteilles un novo material co que contaremos no tempo de gavetas: ordeamos os números do 1 ó 9 e facemos a correspondencia con arandelas e cas pezas de cantidades.

E tocaba movemento así que o primeiriño de todo facer algúns cambios na maneira en que están sentados, engadindo ademáis o primeiro apelido. E despois bailamos ó son da música ata que pare, daquelas regresamos o sitio e dicimos en alto o número escrito no noso sitio, en orden claro 1-2...
E para rematar unha actividade de corta e pega na que había que ordear os números. Seguimos deste xeito reforzando a recta numérica que constitúe a base para o resto de xogos matemáticos.





Ningún comentario:

Publicar un comentario