fondo

mércores, 24 de abril de 2019

CAIXA SORPRESA

Introduccimos unha nova actividade na Asamblea que consiste nunha caixa sorpresa...Que terá? Dixeron de todo: roupa, zapatos, pantalón, camisa, señoras, animais...Ó abrila atopamoas varios animais que fomos collendo e describindo: ten cola, dúas orellas, catro patas, ten ollos, ten pelo, é un animal salvaxe ou doméstico, come herba, ou de todo, ou carne, nace da barriga...Traballamos así un montón de contidos e a descripción de obxetos. O seguinte xogo consistiu en que eu pensaba nun deses animais e eles facíanme preguntas de SI ou NON para adiviñar cal era Ten catro patas? Come de todo? é doméstico? Neste punto hai que guialos un pouco xa que tenden a contestar cun dos animais posibles non a facer preguntas




Cántos animais salvaxes hai? Cántos animais domésticos? Cantos animais hai?
Xa que a cousa iba de números presenteilles un novo material co que contaremos no tempo de gavetas: ordeamos os números do 1 ó 9 e facemos a correspondencia con arandelas e cas pezas de cantidades.

E tocaba movemento así que o primeiriño de todo facer algúns cambios na maneira en que están sentados, engadindo ademáis o primeiro apelido. E despois bailamos ó son da música ata que pare, daquelas regresamos o sitio e dicimos en alto o número escrito no noso sitio, en orden claro 1-2...
E para rematar unha actividade de corta e pega na que había que ordear os números. Seguimos deste xeito reforzando a recta numérica que constitúe a base para o resto de xogos matemáticos.





DÍA DO LIBRO

Onte 23 de abril festexamos o día do libro, esa ferramenta tan importante nas nosas vidas. O primeiro de todo contarvos que antes das vacacións estivemos a facer un mural alusivo a ese día. Falamos un pouquiño das cousas que nos aportan os libros...podemos coñecer dinosaurios, dragóns, fadas...viaxar a outros mundos ou lugares...relaxarnos...rirnos...Asi que decidimos facer algúns debuxos e incluso algúns se atreveron a facer un barco de origami (si, axudeilles pero o máis importante foi o seu interese)
Non se pode apreciar moi ben pero o noso mural está composto de nubes esponxosas, mar de plastilina, dragóns que botan lume e barcos ou globos que nos levan a moitos lugares...




Onte fixemos varias actividades para conmemorar o día:
O primeiriño de todo miramos este conto para responder a pregunta ¿para que serve un libro?...para contar, para leer, para mirar, para poñer pegatinas, para saber como son as vacas...Resultado de imaxes para para que sirve un libro

Outra das tarefas que fixemos o cargo de MIgallas foi bailar e cantar :
"Cando esteas aburrido, e non saibas que facer, colle un libro meu amigo todo pode suceder..."

E unha actividade que me gusta moito "canapés literarios" que vin no blogue lapiceiro máxico. Consite en presentarlles unha bandexa cunhs canapés moi especiais, son adiviñas con gominola. Cada nen@ escolle un de intenta adiviñar o persoaxe de contos gañando así a gominola.





E como últimamente estamos moi pintoreiros estivemos a facer un pequeno conto...eles fixeron un debuxo e a partir das imaxes inventabamos unha pequena historia.















E aquí o mural do cole do día do libro


mércores, 10 de abril de 2019

SERGIO CUMPLE 5 ANOS

Hoxe Sergio cumpliu 5 anos e festexounos connosco no cole. Unha das cousas que máis nos gusta é prepararlle a coroa.

 MOITAS FELICIDADES!




DESPEDIDA DEL CLOE

Este trimestre fixémoslle unha despedida a Cloe...unha pequena festa.
O primeiro de todo era prepararlle uns agasallos para que non se esqueza de nós:

  • Un libro cos nosos debuxos
  • O bote amarelo do monstruo de colores que é o que representa a Alegría. Nel metemos palabras para cando nos vote de menos
  • Unha postal dun oso para enviarlle un abrazo cando o precise.











E despois tocou xogar un pouco con música e abrazos...


 E unha merenda todos xuntos...

Por suposto, non podía faltar unha foto de todos os seus compañeiros

Moita Sorte Cloe! Botarémoste de menos