Bueno, xa estamos de volta e tivemos sorte que hoxe non nos choveu ¡xa estaba eu temblando por culpa do tempo! 😊 E aínda que algún chegou tarde ninguén quedou en terra... pero xa empezamos nerviosos porque a nosa parella para ir no bus faltaba e agora que... En fin, todo solucionado e ala que nos fomos moi contentiños no bus
Unha vez aló fixemos dous grupos e a nós tocounos comezar co obradoiro de pan
Para comezar a señora Lola explicounos e ensinounos o millo, graos de centeno e graos de trigo que empregamos para facer a fariña necesaria para o pan
Unha vez feita a fariña temos que tamizala
Ademáis de fariña precisamos tres ingredientes: sal, auga morna e levadura
E chegou o momento de facer pan asi que mans á masa
Algunha dáballe moito estilo
e para o forno que xa nos tiñan preparado
Despois do obradoiro de cociña tocou ver algúns aperos antigos...
unha malladora antigua
E a recreación dun muiño
e un meleiro antigo onde as abellas facían a mel
Despois fomos merendar e a visita a unha casa castrexa...
Contáronos que nesa habitación estaba todo o que hai nunha casa: cociña, salón, dormitorios...
Os muiños
O tellado de palla
a lareira
Algún probou a deitarse nas súas camas feitas con palla e pel de animais
os teares que empregaban para facer a roupa, xa que antes non se iba á tenda a comprar
E fixemos lume con pedras e tamén amosáronnos como se frotaban dous paus usando un arco e un óso de animal para ter ver amarradiño o pau que se move
E outro dos edificios dos que dispoñen a recreación dunha antiga escola e ensináronos unha vara que usaban os mestres para pegarlle no cú os nenos que se portaban mal (non llo creeron ajajajajja)
E xa para rematar fomos a unha taberna e ensináronos un candil (algún colleu un pouco de medo porque a historia de ir polas noitos só con candil non lle pareceu moi ben) e tamén uns cuartos con camas feitas de follas de millo...
A verdade é que deixo no tinteiro un montón de cousas que nos contaron pero a xornada foi intensa... só descansamos un pouquiño mentras merendaron e estamos todos moi cansos. Por certo, cando chegamos levaron o seu boliño para a casa...algúns enteiro e outros só as faragullas no chándal ajajjajaja😀
P.D.: No autobús pasámolo ben falando e xogando. Hai quen durmiu á ida e á volta ¡qué maravilla!, algún mareouse un poquiño pero sen problema e outro fíxoselle corta a viaxe 😊 Chegamos de volta todos e todas sans e salv@s, non perdemos ningunha prenda e non necesitamos botar man das que levei asi que todo foi fabuloso