fondo

xoves, 22 de febreiro de 2018

BEE-BOT e as nosas iniciais...

Onte apareceu o Bee Bot de novo cunha nova alfombrilla transparente na que lle metimos diferentes animais, pero non era calquer animal senón algún que comezaban polo mesmo son que os nosos nomes. Encántalles pero cústanos un pouquiño cumprir os turnos e non estar todos agolpados 


algunhas veces dámoslle para que ande de máis

Tamén lles presentei unhas novas pinturas que trouxen a aula, as que se empregan para xogar o bingo, e estivemos facendo un xogo de atención e búsqueda da súa primeira letra, cada ún a súa. 



O PROTAGONISTA DA SEMANA: LUCAS 2

Tendo en conta o nome do protagonista da semana fixemos algún pequeno acercamento os sons do seu nome e a cantidade de letras

  Repasamos a recta numérica ata o 5

Animais que comezan por... : lobo, cabalo e avestruz


formamos palabras coas súas letras


 

luns, 19 de febreiro de 2018

NOVOS XOGOS DE ASAMBLEA E A COR VERMELLA

Seguimos avanzando un pouquiño nos xogos con cantidades

¿cántos animais temos de cada? Contamos

Representamos a través das tarxetas de dedos e grafía 
ordeamos

o xogo dos Desaparecidos

¿cántos cabalos teño escondidos?

Cando chegamos a cantidade de catro xa nos liamos un pouco, temos que seguir practicando
E hoxe tamén nos tocou experimentar ca cor vermella. Primeiro facendo unha composición libre con distitos tipos de papeis (seda, craft, brillante, rugoso, con purpurina) que podíamos cortar, rasgar, plegar, arrugar...e despois pincel e témpera ¡qué nos chifla! sobre todo acabar pintando as mans






PROTAGONISTA DA SEMANA: LUCAS

Esta semana o protagonista é LUCAS. Ensinounos as súas páxinas do libro e descubrimos que moitos nomes que ten o redor empezan polo mesmo son "llll" Lucas, Lucía, Lali, Lolo e Lola. Tamén trouxo un boneco e un coche de cando era pequeno e un puzzle que todavía non fixemos
o primeiro é saudar @s compañeir@s




explicounos o seu nome, idade e onde vive


ensinounos a foto da súa familia, mascota e comida favorita


Escribiu o seu nome co que estivemos traballando: letras que ten, sílabas...
E despois tamén empregamos as imaxes dos bonecos de neve coas letras do nome:
L de león, lápiz, C de Chris, Cloe, calcetín...

venres, 16 de febreiro de 2018

CALENDARIO PROTAGONISTAS DA SEMANA

Despois deste pequeno parón polas vacacións retomamos o protagonista da semana. Para a semana que ven LUCAS será o protagonista. A continuación amósovos un calendario de cando será a semana do vos@ fill@ (se non se dan imprevistos polo medio, claro)

19-23 febreiro.............................LUCAS
26-2 marzo..................................KILIAN
5-9 marzo....................................SERGIO
12-16 marzo ...............................LEO
19-23 marzo ...............................PAULA
 3-6 abril.....................................MARTINA
9-13 abril ...................................TEO
16-20 abril..................................CLOE
23-27 abril .................................EFRÉN
30-4 maio ..................................TATIANA
7-11 maio......................GRACIELA, CHRISTIAN E JESÚS
21-25 maio ............................... ADRIÁN
28-1 xuño ....................................ASIER

Quedan algunhas semanas en xuño para usar en caso de necesidade.

¿QUÉ FIXEMOS HOXE NA ESCOLA?

Hoxe estivemos facendo algúns pequenos xogos cas mans e tamén de sopro Resultado de imaxes para eyes finger gym
Facendo ximnasia coas mans con Don ollos


xogos de sopro: Facer voar o papel soprando coa boca ou co nariz (isto custounos máis)

Xogando cos sons: ppppppp, mmmmmmm. llllllll

Empregamos diversos xoguetes pequenos para traballar o vocabulario e os sons iniciais. Estos sons pertencen as iniciais de nomes da clase e iso danos unha pista moi grande "Dame un xoguete que comece por ppppppp" 
Xogando ca torre rosa 
Algún xa fixo moitos avances cos bonecos de neve das iniciais
as cantidades do 1 ó 3 xa están dominadas
mellorando no recortado
Esta semana tapamos os nomes que servían de referencia así que toca empregar estratexias para emparellar fotos e nomes
Outros prefiren mellorar no punzado
Practicando a escritura do nome no encerado
As series de dous elementos
Conteo e grafías cos pingüinos
Algunhas veces son eu a que lles vou axudando pero hai momentos en que entre dous logran resultados moi bos.
Ordeando a serie numérica
O longo do día facemos máis tarefas pero non é posible captar todo o que traballan

E chegou o venres e con él  o venres literario. Os nenos de sexto viñeron a contarnos contos, os seus contos de cando eran pequenos.




¡Gracias chic@s por este ratiño de lectura!