fondo

xoves, 25 de xaneiro de 2018

O PROTAGONSTA DA SEMANA: PABLO 3

Onte Pablo ensinounos e prestounos os seus xogos favoritos: un pulpo de letras e números, puzzles de números relacionado cos contos clásicos, un xogo con pezas de madeira para "coser" e un libro cunha pala












martes, 23 de xaneiro de 2018

A TORRE ROSA DE MONTESSORI

Este trimestre decidín incluir nas actividades a Torre rosa que consiste nun conxunto de pezas de cor rosa que se diferencian no peso e tamaño. Ten control do erro xa que co cubo máis pequeno (1cm) podemos comprobar se o resto está ben colocado existindo entre cada cubo unha diferencia dun cm.

Traballamos a diferencia de tamaños, diferencias de peso, vocabulario grande, pequeno, mediano e a psicomotricidade xa que o peso e tamaño do máis grande require empregar as dúas mans e o máis pequeno precisa da pinza motora. 


 Todavía non lograron facelo perfecto... pero andamos niso.

EQUIVALENCIAS



Seguimos traballando con pequenas cantidades e para iso contamos con platos nos que temos  diferentes obxetos. A tarefa consiste en xuntar os platos coa mesma cantidade de patos que pedras. Sempre facemos a comprobación de que non nos falta nin nos sobra ningún.


 Comenzamos a ordear as cantidades ¿cal ten menos? Sempre engado algunha pequena trampa para observar como reacionan e que vocabulario empregan para explicar o sucedido.


 E comenzamos a engadir representacións gráficas dos obxetos empregando tarxetas  de puntos similares ás caras do dado.




O PROTAGONISTA DA SEMANA: PABLO 2

Onte de bebé e hoxe tocoulle ensinarnos outras fotos de agora. Falounos dos seus avós, tías, primos e a primeira vez que se cortou o pelo ou unha tarde co irmán e o papá no parque.






Tamén aproveitamos para ver a súa canción favorita do CD.DVD dos Lunnis "Quevedo el espía" porque cústalles un pouquiño estar moito tempo atentos cas fotos mentres o protagonista se esforza por explicarse e precisábamos  unha actividade de desfogue
 E, ademáis, tivo moito traballo porque esta semana tamén ten que dedicarse a chamar para lavar as mans, repartir material (aínda que pode pedir un axudante), levar a fila...¡A fama custa!

luns, 22 de xaneiro de 2018

O PROTAGONISTA DA SEMANA: PABLO

Arrancamos cunha nova semana e un novo protagonista. Hoxe Pablo trouxo a súa caixa e fotos para contarnos un pouquiño máis da súa vida.
Ensinounos as súas roupiñas de bebé e aproveitamos para medilo e comparar o seu tamaño hoxe co da roupiña



 Tamén trouxo unha torre de cubos. Algún andivo contando e parece que temos 10 cubos pero aínda así todos os da clase somos máis altos ca torre.


E ensinounos as súas fotos de bebé e explicounos un pouquiño quen aparecía nelas... aínda que tuvo algún lapsus cos nomes de mami e papi ajajjajjaja




 Despois estivo compoñendo o seu nome, que xa o fai moi ben.

venres, 19 de xaneiro de 2018

O PROTAGONISTA DA SEMANA: MAURO 5

Xa chegou o último día da semana pero todavía non acabamos co traballo do protagonista. Hoxe estivemos descubrindo como conseguir a cor favorita de Mauro, o morado. E aínda que algúns o sabían empregamos un dos contos que trouxo Mauro no que se xogaba cas cores para mirar que cores tíñamos que empregar: vermello e azul. E como somos plurilingües pois nombrámolos nos tres idiomas... que non se diga que non somos aplicadiños :)



E xa que as vacas son unha das cousas favoritas de Mauro usámola de excusa para facer series e falar un pouquiño delas. Mauro díxonos que dan leite e se pode facer queixo, como a súa avoa.

 Tamén tiñamos unha avespa e as súas cores: negra e amarela


e falamos de longa-curta ou alta-baixa
Este xogo, xa presentado, pasará a formar parte das Gavetas.

E xa para rematar aquí tedes cómo quedou o LIBRO DE MAURO penso cun bonito recordo para cando sexa maior. 









outra das páxinas que cubrimos no cole son os debuxos dos seus compañeir@s e algo bonito que pensan sobre él.





 Bailamos a súa música, escoitamos e miramos os seus contos, obsevamos as súas fotos da súa familia e coñecemos un pouquiño máis a súa vida.

¡Gracias Mauro!