fondo

martes, 5 de decembro de 2017

RECUNCHOS

Hoxe nos recunchos tocou rematar as uvas. Colocar  o papel transparente, uvas sen rematar, pintar a folla e poñerlle o nome. Para facer esto último, e como acercamento á "lectura" contaban cun listado de palabras que usaremos no proxeto OUTONO e tiñan que buscar a palabra que lles escribín no encerado. Fixérono moi ben.





Tamén contamos co Recuncho dos pinchos


E o recuncho de CREATIVIDADE con materiais diversos: OS TAPÓNS

clasificando

facendo torres cos corchos

facendo correspondencias e equilibrios

luns, 4 de decembro de 2017

CALENDARIO DE NADAL...

Para este mes de decembro engadín un calendario moi chulo que nos permite ver o paso do tempo dunha forma moi motivadora. É o trineo de Papá Noel que se une a través dunha escada cunha casiña. A pinza é Papa Noel (usamos unha normal porque olvideina na casa) e cada día vai baixando aproximándose así o Nadal.
Se queredes montar ún na casa déixovos o enlace para descargalo.  AQUÍ

COMEZAMOS DECEMBRO...

Hoxe engadimos unha novedad no xogo de clasificación, que xa o fan moi ben. Ahora tocaba BUSCAR O INTRUSO

CLASIFICAMOS

¿CAL É O INTRUSO?

¿CAL É O INTRUSO? Neste punto tivemos dous posibilidades: algún dicía que era a vaca grande porque lle falta unha pata (tena rota) e outros o porquiño porque o resto son vacas. 


O xogo pillárono moi ben, o que nos custa un pouquiño máis é dar unha explicación e non o PORQUE SÍ.

Outro xogo que fixemos estaba relacionado cas cantidades. Empezamos con tres columnas onde aparecen unha tapa, dúas tapas e tres tapas. Debaixo colocamos as cartas do cinquillo e o xogo consistía en coller da bandexa o obxeto que quixéramos (pex: se queríamos o cabalo tíñamos que coller todos os que había) e colocar na columna correspondente. Podíamos facer a comprobación empregando os puntiños das cartas.





Finalmente, puxemos a atención na grafía do número

Non podemos pasar sen facer as nosas tarefas de Asamblea relacionadas co noso nome. Vámolas variando para que non perdan a motivación e hoxe tocou descubrir a cortina: primeiro teñen á vista únicamente o nome, unha vez que saben de quen é, o elexido sale a PDI a descubrir a súa foto e neste caso a rodear a súa primeira letra ou tratar de escribila.



E como non podía faltar, tocaba unha actividade plástica neste caso relacionada co Nadal. Ofrecínlles catro pezas dun puzzle que nos costou un pouquiño montar pero ó final apareceu un reno de Papá Noel.


 Tocaba facer líneas rectas. Cada equipo de catro conta cunha parte do reno.


 E despois adornámolo con luceciñas de cores empregando a técnica do puntillismo con bastoncillos.



Algún emocionouse moitooo...


¡TACHÁN!


domingo, 3 de decembro de 2017

PRECISAMOS...




Para facer algunhas tarefas planificadas durante o curso precisamos rollos de papel hixiénico ou de cociña, un material moi moi baratiño que nos permite facer moitas cousas.



Resultado de imagen de rollos papel higienico

MOITAS GRACIAS

sábado, 2 de decembro de 2017

VENRES MUSICAL...

Os venres os nen@s de 3 anos teñen unha sesión con Natalia, a mestra de AL (audición e linguaxe), na que traballan un poquiño contidos relacionados coa boa pronunciación e tamén teñen sesión de Música coa profe Raquel







Ademáis, continuamos facendo pequenas tarefas de CLASIFICACIÓN E SERIACIÓN. Cada vez as facemos mellor pero aínda hai algún despistado.