fondo

luns, 24 de xullo de 2017

QUEN LOGRARÁ POÑERSE O SOMBREIRO...

O xogo que vos presento hoxe é feito con materiais da casa e moi sinxelo pero divertido. Precisaredes dous rollos de papel hixiénico (o cartón) e dous trozos de cartulina ou cartón.

  

Só tedes que plegar o rollo de papel hixiénico no que logo faredes un debuxo sinxelo (un neno ou nena, algún animal...) e cortaredes á medida a cartulina ou cartón que vai por dentro. Cunha regla marcades os números do 1 ó 30, e listo para xogar. Por turnos, tirades o dado e ides subindo o neno tantos números como indique o dado (hai que ir debuxando as pernas). ¿quén chegará antes arriba? Eu fixen un sombreiro na parte superior ¿quén poñerá primeiro o sombreiro?

luns, 17 de xullo de 2017

APP: Family Trivia Free...


Aquí vos deixo unha APP que estiven probando últimamente. Pareceume interesante xa que vale para toda a familia, adaptando as preguntas segundo a idade do xogador. No inicio do xogo escolledes os xogadores e a idade de cada ún, así  as preguntas adecúanse a ese xogador. Tamén se pode xogar un só xogador. ¡Que vos divirtades!

martes, 11 de xullo de 2017

A CAZA DO TESOURO...

Hoxe propóñovos un xogo para traballar as cantidades. Chegaron os piratas e queren roubar moitas moedas de ouro ¿quen conseguirá máis?
Por turnos, cada xogador lanza un dado e avanza no taboleiro tantas casillas como marque o dado. Gañará ou perderá tantas moedas (podedes usar pedriñas, céntimos, garbanzos, tapas...) como marque a casilla. Cando algún xogador chegue o cofre de ouro robará a cada contrincante unha moeda. O xogo remata cando o primeiro xogador chegue ata o pirata. ¿Quen conseguiu máis moedas de ouro?
Descargade o xogo facendo CLIC nel ou debuxádeo nun folio. ¡Deséxovos unha boa viaxe, piratas!
 xogo pirata

30 cosas que los niños deberían hacer antes de los 6 años...




luns, 3 de xullo de 2017

SPINNER E XOGOS DE LETRAS....


Preparation  
Este xogo que tan de moda está nestes intres pode ser de gran axuda para crear outros xogos.




Para preparar o xogo podemos escribir ou pegar letras  (descargádeas aquí) ó redor do plato e debuxar un círculo no medio onde se situará o spinner.

  1. Nome das letras e sons. Facer xirar o spinner e nombrar a letra e o seu son
  2. Palabra que comeza por...Facer xirar o spinner e nombrar un obxeto que comece pola letra dada
  3. Obxeto escondido. Cando o spinner marca a letra xogada tedes que buscar un obxeto na habitación na que vos atopades que comece por esa letra.
  4. Comidas e bebidas. Ó estilo do xogo "comidas e bebidas" escribimos nunha folla en 4 columnas Comidas, bebidas,animais e cousas. Trátase de nombrar ou escribir nas catro columnas segundo a letra sacada. Os irmáns maiores poden ir de parella cos pequenos e xogar contra algún adulto.
  5. Adivina o debuxo. Consiste en xirar o spinner e debuxar nun papel algo que comece pola letra sacada. O resto ten que adiviñar o debuxado, tendo como pista a letra. Este xogo faríase en pequenos grupos rivais. Se pasado un tempo marcado por vós os membros do grupo 1 non adiviñan os do outro grupo poden gañar puntos adiviñándoo.
¿Tedes máis ideas? Se queredes compartir podedes facelo nos comentarios

venres, 30 de xuño de 2017

OS MELLORES LIBROS PARA NENOS 5-8 ANOS

Hoxe apetecíame deixarvos un artículo sobre  libros interesantes cos que contamos para estas idades. A literatura infantil está crecendo enormemente na última década e no mercado existen unha variedade moi ampla. Aquí tedes unha selección... Desexo que vos resulte interesante.


Resultado de imagen de libros para niños inician primaria