fondo

luns, 3 de xullo de 2017

SPINNER E XOGOS DE LETRAS....


Preparation  
Este xogo que tan de moda está nestes intres pode ser de gran axuda para crear outros xogos.




Para preparar o xogo podemos escribir ou pegar letras  (descargádeas aquí) ó redor do plato e debuxar un círculo no medio onde se situará o spinner.

  1. Nome das letras e sons. Facer xirar o spinner e nombrar a letra e o seu son
  2. Palabra que comeza por...Facer xirar o spinner e nombrar un obxeto que comece pola letra dada
  3. Obxeto escondido. Cando o spinner marca a letra xogada tedes que buscar un obxeto na habitación na que vos atopades que comece por esa letra.
  4. Comidas e bebidas. Ó estilo do xogo "comidas e bebidas" escribimos nunha folla en 4 columnas Comidas, bebidas,animais e cousas. Trátase de nombrar ou escribir nas catro columnas segundo a letra sacada. Os irmáns maiores poden ir de parella cos pequenos e xogar contra algún adulto.
  5. Adivina o debuxo. Consiste en xirar o spinner e debuxar nun papel algo que comece pola letra sacada. O resto ten que adiviñar o debuxado, tendo como pista a letra. Este xogo faríase en pequenos grupos rivais. Se pasado un tempo marcado por vós os membros do grupo 1 non adiviñan os do outro grupo poden gañar puntos adiviñándoo.
¿Tedes máis ideas? Se queredes compartir podedes facelo nos comentarios

Ningún comentario:

Publicar un comentario