fondo

venres, 21 de abril de 2017

CONTACONTOS... EL CONEJO ALEJO



Este venres 21 de Abril, con motivo do día do libro que festexaremos a vindeira semana, tivemos unha visita moi especial Cristina Seijas nos presentou o seu conto Alejo, el Conejo "Alejo (protagonista de este proyecto) es un conejo muy inteligente, sensible y bondadoso, al que no se le dan muy bien los deportes como el fútbol y prefiere pasar su tiempo libre pintando, leyendo libros de princesas o ayudando en las tareas del hogar. Alejo sufre las burlas de algunos de sus compañeros..."
Alejo, el conejo

Canto rematou de contarnos o conto colleu dous voluntarios para poñerse un traxe especial, no que cada un mostraba cousas que lle podían gustar sen distinción de xénero. 




domingo, 2 de abril de 2017

O XOGO DO COCODRILO...



A semana pasada estivemos xogando ó XOGO DO COCODRILO que consiste en recoñecer o conxunto de cousas, nenos, pinzas... que ten máis. Ése é o conxunto que o cocodrilo quere comer porque é un animal moi comilón. Para chegar a unha compresión total do xogo comezamos comparando conxuntos de nenos e nenas ¿onde hai máis? ¿cántos máis? ¿cántos sobran? se fixéramos parellas ¿quén quedaría sen parella e por qué? Empregar o seu vocabulario e a diferente formulación de preguntas  axúdanos a entender ben o xogo e poder alcanzar así o obxetivo do mesmo.
Primeiro é o propio nen@ participante o COCODRILO que comerá aquel grupo de nenos ou nenas no que hai "máis", despois colocamos o noso cocodrilo ca boca aberta hacia a cantidade maior e finalmente temos un primer acercamento os símbolos abstractos que representan "maior que..." "menor que..." "igual"... 





comprobación facendo parellas






Tamén xogamos co xogo de conteo de dedos pero recalcando cantos dedos había en cada man, cal tiña máis e a cantidade total. Para comprender este xogo, primeiramente estivemos a facer outra actividade que lles encanta "OS CONTOS NUMÉRICOS"  nos que inventamos pequenas historias numéricas na que eles son os protagonistas que nos serven para traballar a composición e descomposición dos números do 0 ó 5. " Había unha vez dous nenos, cada ún vivía nunha casa entón ... 1+1 e polas tardes ían xogar ó parque..."Os que non son protagonistas van simulando as cantidades con tapóns na mesa.







xoves, 23 de marzo de 2017

Debuxamos con gomets...

Este xoves fixemos unha actividade na que traballamos a creatividade e a orientación espacial, así como recordamos as figuras xeométricas básicas empleando GOMETS, pequenas pegatinas de cores e formas básicas para facer debuxos. Contávamos cun modelo que puidemos ver na PDI pero tiñan liberdade para facer as súas propias creacións.






















CONTACONTOS....



Este luns contamos cun contacontos que nos ofreceu a editorial Xerais. O conto chamábase "O COCIÑEIRO MARTIÑO" e contou coa colaboración especial dalgúns nenos e nenas de infantil.

 No palacio real andan buscando alguén para traballar nas cociñas. Unha persoa que saiba guisar, asar e cocer para reis, raíñas, marquesas, duquesas e príncipes de todas as cores e condicións… Martiño quere preparar o mellor biscoito da súa vida, pero antes debe conseguir os ingredientes que precisa.