fondo

domingo, 2 de abril de 2017

O XOGO DO COCODRILO...



A semana pasada estivemos xogando ó XOGO DO COCODRILO que consiste en recoñecer o conxunto de cousas, nenos, pinzas... que ten máis. Ése é o conxunto que o cocodrilo quere comer porque é un animal moi comilón. Para chegar a unha compresión total do xogo comezamos comparando conxuntos de nenos e nenas ¿onde hai máis? ¿cántos máis? ¿cántos sobran? se fixéramos parellas ¿quén quedaría sen parella e por qué? Empregar o seu vocabulario e a diferente formulación de preguntas  axúdanos a entender ben o xogo e poder alcanzar así o obxetivo do mesmo.
Primeiro é o propio nen@ participante o COCODRILO que comerá aquel grupo de nenos ou nenas no que hai "máis", despois colocamos o noso cocodrilo ca boca aberta hacia a cantidade maior e finalmente temos un primer acercamento os símbolos abstractos que representan "maior que..." "menor que..." "igual"... 





comprobación facendo parellas






Tamén xogamos co xogo de conteo de dedos pero recalcando cantos dedos había en cada man, cal tiña máis e a cantidade total. Para comprender este xogo, primeiramente estivemos a facer outra actividade que lles encanta "OS CONTOS NUMÉRICOS"  nos que inventamos pequenas historias numéricas na que eles son os protagonistas que nos serven para traballar a composición e descomposición dos números do 0 ó 5. " Había unha vez dous nenos, cada ún vivía nunha casa entón ... 1+1 e polas tardes ían xogar ó parque..."Os que non son protagonistas van simulando as cantidades con tapóns na mesa.







Ningún comentario:

Publicar un comentario