fondo

domingo, 15 de marzo de 2020

Figuras xeométricas e regletas!

O xoves despois do recreo fixemos 4 actividades para traballar coas formas xeométricas básicas. Dividímonos en grupo e rotamos por tódalas actividades.

1. Nas caixas de area debiamos realizas as formas básicas (círculo, cadrado, rectángulo e triángulo) se querían algunha máis tamén! un pouco de liberdade xunto con area... quen pode resistirse?



2. Nunha das mesas debían xogar a Que son? un dos nenos collía tarxeta e rotulador, decidía unha figura e debía riscar os rasgos que non pertencían a ela. Despois ensináballa os demáis e preguntaba: quen son? e o resto do grupo debía buscar entre os bloques lóxicos a acertada, a tarxeta iba rotando ata que todos participaban como "preguntadores".







3. Noutra mesa tiñan que facer unha actividade de grafomotricidade. Coas catro siluetas das figuras nun folio, debían trazar ao redor delas a figura en cuestión, cada vez cun tamaño maior.



4. No chan, outra das actividades consistíaen recrear composicións (unha casa, un osiño, unha flor...) utilizando os bloques lóxicos.Cando outro compi estaba acaparando as figuras que necesitabamos... pois artellamos solucións!
  

Ademáis xa levamos un tempo traballando con regletas na aula.




Comezamos aprendendo a equivalencia de número cor.
1. Blanco
2. Vermello
3.Verde claro
4.Rosa
5. Amarelo
6.Verde escuro
7.Negro
8.Marrón
9.Azul
10. Laranxa
Seguimos facendo a "escaleira" en orde.


Xogamos a derrrubar edificios.


Debuxamos, pintamos...







Comezamos a facer composicións de números con dúas regletas e... finalmente chegamos as sumas!

 



domingo, 1 de marzo de 2020

Para comezar o proxecto... BREAKOUT!


Non sabedes como arrancamos esto do proxecto... Érase unha vez, unha mañá diferente
na que estivemos xogando cos papeles celofán de cores, creando un arco da vella mezclando papeis, mirando a través deles... e antes de merenda limos o conto "Lupo se va de viaje". Foi un pouco diferente, porque sempre lemos o conto ao chegar do patio, beber auga a relaxarnos un pouquiño... pero como nolo mandou a profe Leti... 







O Conto describía a aventura de Lupo viaxando por diferentes países ata chegar de novo o bosque onde vivía... Unha volta ao mundo!


Ao chegar do patio atopamos unha caixa pechada con un candado de números e ao carón unha carta con letras de cores... pero non conseguíamos ver que poñía, como tiñamos os papeis celofán "ocurréusenos" a idea de mesturar cores a ver que pasaba e cando puxemos o vermello.... apareceron palabras!! Conseguimos ler a carta na que se nos explicaba que tiñamos que resolver uns retos para poder abrir un candado e descubrir os monumentos do mundo!


Comezamos o reto número 1: abrimos o sobre e atopamos un crucigrama con casillas de colores, un código de color e un código QR... dividímonos en 3 grupos e intentamos resolvelo. Custounos, había que ler, escribir nas casillas, interpretar o código de cores (colocando as letras que estaban nas casillas coloreadas)... e escanealo código... Conseguimos facelo e o escanear o código levounos a un candado dixital. Unha pregunta...qué viaxa entre as nubes... qué fácil!! a solución estaba no código de cor.... pero non... non era tan fácil...




 




Comezamos o reto número 2: o poñer a palabra "AVIÓN" comezou un reto novo!! un Kahhot de 10 preguntas!! resultounos un pouquiño difícil respondelas a tempo... pero finalmente e despois dalgún erro, conseguímolo!!! 








Comezamos o reto número 3: no sobre 4 anacos de folio "creo que hai que montalo" pois si, encaixaban... un montón de imaxes... pero que había que buscar... ademais o sobre era diferente, tiña unha roda de letras e números... viña cunha pista: H22 e unha tarxeta con catro "palabras" rarííísimas... 
Era un código secreto!! se moviamos a roda e facíamos coincidir a H co número 22 podíamos cambiar todas as letras... e as palabras comezaban a ter sentido! Ademáis as palabras referíanse a imaxes que estaban non "puzzle"... buscámolas, rodeámolas... investigamos e démonos conta de que por detrás desas imaxes había sílabas e colocadas en orde formaban a palabra "ILUMINA"!








Comezamos o reto número 4: no sobre atopamos imáxes de 7 monumentos do mundo e un boli un pouco raro... unha nena da clase dixo que ela o tiña que era un boli máxico e que había que mirar a tinta invisible coa luz que viña incorporada... así o fixemos, comezamos a explorar as imaxes e apareceron 3 números!!! Apuntámolos no encerado, fomos a caixa e intentamos abrila pero a combinación non funcionaba... tivemos que cambiar de orde os números, probar por quendas e ao final... Conseguimos abrir o candado!!!!








Dentro da caixa un montón de miniaturas dos monumentos do mundo, tarxetas coas imaxes, coas imaxes e o nome, solo co nome... déronnos moitos xogo... pero iso xa a partir do día seguinte...






E por último démoslle as grazas a profe Leti por seguir axudándonos a crecer dunha maneira tan divertida!