fondo

domingo, 1 de marzo de 2020

Para comezar o proxecto... BREAKOUT!


Non sabedes como arrancamos esto do proxecto... Érase unha vez, unha mañá diferente
na que estivemos xogando cos papeles celofán de cores, creando un arco da vella mezclando papeis, mirando a través deles... e antes de merenda limos o conto "Lupo se va de viaje". Foi un pouco diferente, porque sempre lemos o conto ao chegar do patio, beber auga a relaxarnos un pouquiño... pero como nolo mandou a profe Leti... 







O Conto describía a aventura de Lupo viaxando por diferentes países ata chegar de novo o bosque onde vivía... Unha volta ao mundo!


Ao chegar do patio atopamos unha caixa pechada con un candado de números e ao carón unha carta con letras de cores... pero non conseguíamos ver que poñía, como tiñamos os papeis celofán "ocurréusenos" a idea de mesturar cores a ver que pasaba e cando puxemos o vermello.... apareceron palabras!! Conseguimos ler a carta na que se nos explicaba que tiñamos que resolver uns retos para poder abrir un candado e descubrir os monumentos do mundo!


Comezamos o reto número 1: abrimos o sobre e atopamos un crucigrama con casillas de colores, un código de color e un código QR... dividímonos en 3 grupos e intentamos resolvelo. Custounos, había que ler, escribir nas casillas, interpretar o código de cores (colocando as letras que estaban nas casillas coloreadas)... e escanealo código... Conseguimos facelo e o escanear o código levounos a un candado dixital. Unha pregunta...qué viaxa entre as nubes... qué fácil!! a solución estaba no código de cor.... pero non... non era tan fácil...




 




Comezamos o reto número 2: o poñer a palabra "AVIÓN" comezou un reto novo!! un Kahhot de 10 preguntas!! resultounos un pouquiño difícil respondelas a tempo... pero finalmente e despois dalgún erro, conseguímolo!!! 








Comezamos o reto número 3: no sobre 4 anacos de folio "creo que hai que montalo" pois si, encaixaban... un montón de imaxes... pero que había que buscar... ademais o sobre era diferente, tiña unha roda de letras e números... viña cunha pista: H22 e unha tarxeta con catro "palabras" rarííísimas... 
Era un código secreto!! se moviamos a roda e facíamos coincidir a H co número 22 podíamos cambiar todas as letras... e as palabras comezaban a ter sentido! Ademáis as palabras referíanse a imaxes que estaban non "puzzle"... buscámolas, rodeámolas... investigamos e démonos conta de que por detrás desas imaxes había sílabas e colocadas en orde formaban a palabra "ILUMINA"!








Comezamos o reto número 4: no sobre atopamos imáxes de 7 monumentos do mundo e un boli un pouco raro... unha nena da clase dixo que ela o tiña que era un boli máxico e que había que mirar a tinta invisible coa luz que viña incorporada... así o fixemos, comezamos a explorar as imaxes e apareceron 3 números!!! Apuntámolos no encerado, fomos a caixa e intentamos abrila pero a combinación non funcionaba... tivemos que cambiar de orde os números, probar por quendas e ao final... Conseguimos abrir o candado!!!!








Dentro da caixa un montón de miniaturas dos monumentos do mundo, tarxetas coas imaxes, coas imaxes e o nome, solo co nome... déronnos moitos xogo... pero iso xa a partir do día seguinte...






E por último démoslle as grazas a profe Leti por seguir axudándonos a crecer dunha maneira tan divertida!

mércores, 26 de febreiro de 2020

Entroidando

Esta última semana de cole foi diferente e divertida.
Fíxonos estar un pouco revoltosos pero mereceu a pena co ben que o pasamos.

Cada día tivemos que seguir os mandatos do meco:

O luns algo na cabeza traerás
O martes ponte algo na cara
O mércores os zapatos diferentes traerás
O xoves quentiño/a con roupa de durmir virás




Para o venres, todo o cole se puxo dacordo para disfrazarse en protesta do cambio climático.
En infantil realizamos os traxes coa temática do reciclaxe.
Na clase de 5 tocounos ser iglús de vidro.
E como non puidemos facer o disfraz con vidro...










E este foi o resultado:


Desfilamos diante de todo o cole mentras bailabamos e cantabamos a canción "Recicla, recicla"que estiveramos ensaiando pola semana, e despois... trouleamos un pouco.



Levabamos as pilas cargadas porque antes do recreo...





Tamén fixemos unha carauta que nos deu bastante traballo. Tivemos que doblar papeliños... e resultounos un pouco complicado... para un lado, para o outro...

 








E como traballamos tanto e tan ben... o venres fómonos a casa cun pequeno monicreque de cada un de nós!






domingo, 16 de febreiro de 2020

Día de San Valentín

Para celebraro día de San Valentín estivemos traballando coa temática do amor. Aprendimos unha poesía de Rosalía de Castro, levounos un par de días pero de seguro que inda seguimos recitándoa de vez en cando subidos á cadeira! Ademáis escribímola, repasámola e decorámola reinterpretando este cadro de Andy Warhol "Lips Prints" e entre tanto arte... pasámolo de marabilla!!


















Eles foron os encargados de decidir a quen ou quenes lle entregaban o agasallo... 

E na hora do conto, despois do traballo duro ;)  aproveitamos para volver a ler "Te Quiero (casi siempre)"