fondo

luns, 12 de novembro de 2018

FOLLAS DE OUTONO...

O xoves Tati arrancou coa Asamblea e o día da semana



E despois tocou un taller de outono con follas caídas das árbores...unha característica propio desta época: 1º limpar cun pincel e un pano a terra que traían e despois a crear!














COMEZAMOS CAS TITORÍAS...

Como algúns me estades pedindo titorías vouvos ir poñendo un pequeno calendario das primeiras titorías, calquer problema coa data ou hora comunicádemo a través do correo e miramos de outro momemto.


mércores, 7 de novembro de 2018

MÉRCORES VARIADO

Con Martina demos comezo a Asamblea o mércores. Primeiro estivo cantando as cancións e despois fixemos un pouquiño de exercicio copiando os seus movementos.




Despois estivemos xogando cas gabetas:
Bonecos de letras

Coser SAmaín

Estampación de letras

Puzzles


Algúns prefiren xogar por parellas naqueles xogos que requiren máis atención. Neste caso animáronse coas caixas dos nomes da clase e ata lles tiña moito interés colocalas letras do revés para poñelo en minúsculas.

Outros traballan a psicomotricidade fina con serpes de cores


Despois do recreo recordamos un pouquiño o son Aaaaaa que xa está totalmente dominado. A actividade era moi sinxela, soamente había que colorear a letra e os debuxos que comezaban por aaaaa e despois taladras os bordes nos que había letras que non era A.





A algúns costoulles un pouquiño porque hai que ter moita forza nas mans. Outros emocionáronse co taladro e taladraron máis da conta...😀

E despois aínda nos quedou un ratiño para o noso amigo Bee-Bot. Traballamos as cantidades do 1 ó 5 tirando o dado e mandándolle andar tantos pasos como puntos tiña o dado.



Consello Escolar. Elección de representantes



martes, 6 de novembro de 2018

MARTES NUMÉRICO...

Paula foi a encargada de iniciar o día. Primeiro quentamos un pouquiño as mans imitándoa e despois seguimos cas cancións e o día da semana. Sempre axudamos entre todos recalcando os sons que leva a palabra e a verdade e que os coñecen moi ben.





Despois continuamos con xogos en gran grupo de LÓXICA. Esta actividade comenceina eu sen falar, soamente collin un por un os coches e colocándoos nas bandexas. Despois era o seu turno, collían un coche e o colocaban onde eles crían que tiña que ir dando unha explicación: o primeiro (pensando, imaxino, nos xogos anteriores, colocou un amarelo e dixo que así había o mesmo número de coches),
presentación actividade

1º resposta: conxuntos equivalentes

2º resposta: azul porque son iguais (aquí buscamos que nos digan en que son iguais, neste caso na cor)
Son listos e collían ou amarelo ou azul, pero que pasa se lles mando colocar un vermello?...

Colocouno no amarelo porque as rodas dos amarelos teñen vermello....jajajajaja Boa resposta
E se o que teñen que colocar é verde....mmmmmmm....non o tiñan nada claro. O final deilles o meu porqué...Aquí son todos azuis e aquí os que NON son azuis. Esta negativa resúltalles un pouco complexa ó principio.
Volvemos a probar con outras cores...



Despois tivemos un 1º acercamento as gráficas...Cantos coches de cada cor hai na bandexa? Pintamos tantos cuadradiños como coches
E comprobamos que se aparcamos os coches nas plazas pintadas nos collen todos


Pois agora do revés...Coloca na bandexa tantos coches azuis como indica o gráfico.

Á hora de comprobalo démonos conta de que sobraba un azul...

E para completar o traballo, e despois dun pequeno baile, completamos o traballo con algún xogo na PDI sobre conxuntos equivalentes e tantos dedos como puntos negros.



E non todo vai ser mandar...tamén tiveron un ratiño de xogo libre con construccións, animais e coches.