Seguimos traballando co forma xeométrica CIRCULO e hoxe tocounos facer un pouquiño de arte ó estilo de Yayoi Kusama, unha artista obsesionada cos puntos. Nos fixemos puntiños pequenos empregando os bastoncillos e as tres cores básicas. Estes son os cadros que nos inspiraron...
fondo
sábado, 13 de outubro de 2018
OBRADOIRO GRAFISMO: PUNTILLISMO CON YAYOI KUSAMA
venres, 12 de outubro de 2018
EFRÉN CUMPLE 4 ANOS...
Este martes 9 de outubro Efrén cumpliu 4 anos. É o neno máis pequeno da clase pero non o podo dicir moi alto que non lles gusta nada ser os pequenos 😀 Compartiu connosco un super biscoito de chocolate que lles encantou...¡FELICIDADES!
luns, 8 de outubro de 2018
ANIMAL DE OUTONO...
A partir do conto
traballamos un pouquiño a importancia de ter amigos pero tamén de decir que NON. O protagonista da historia vai en busca de amigos os que lles vai regalando as súas púas, unha parte moi importante que ten para defenderse...
traballamos un pouquiño a importancia de ter amigos pero tamén de decir que NON. O protagonista da historia vai en busca de amigos os que lles vai regalando as súas púas, unha parte moi importante que ten para defenderse...
Despois de falar un pouquiño do que é un amig@ fixemos un ourizo cacho de papel.
1º tocou recortar tiras de papel
Despois había que doblar as tiras de papel pola metade (estas serían as púas)
Mirade que ben pregan!
E finalmente engadirlle o noso ourizo cacho as súas púas para defenderse
E aquí está o resultado...
domingo, 7 de outubro de 2018
OBRADOIRO DE GRAFISMO: CIRCULO, REDONDO...
No pasado obradoiro de grafismo ofrecínlles tres maneiras diferentes de obter un CÍRCULO e traballamos con moito arte... con CDs vellos, círculos pequenos con bastoncillos e círculos ocos con rolos de papel
Este foi o resultado final...encantoulles como quedou decorada a clase cos cds. No caso dos murais...un par decidiron que era moi "divertido" arrastrar os rolos e non só estampar...polo que o resultado non foi tan "redondo" como quixéramos
mércores, 3 de outubro de 2018
EQUIVALENTES...
O martes tocan manexar cantidades...vacío-cheo, moitos-poucos...igual que
Coloca tantos tapóns como teño na miña bandexa!Comprobamos!...canto estamos con unha pequena cantidade é máis doado pero cando as cantidades van medrando os erros tamén. A comprobación sérvenos para comprobar se está ben, sobran ou faltan pezas
Ahora tocou os platos equivalentes, co mesmo número de tapas...As cantidades ían do 1 ó 5 polo que non houbo error. Ademáis, podían escoller o que quixeran unir polo que os que lles custa un pouco máis tenden a coller os que teñen menos tapas (visualmente é máis doado acertar)
Unha vez listo, retiramos unha das filas e colocamos de maior a menos (non todos sabemos ben o significado destes conceptos). Algúns déronse conta ó sacar as tapas e facer filas de que "¡son os números!"
martes, 2 de outubro de 2018
A DE ABELLA...
Seguimos co traballo do son A e esta vez dun modo máis artístico. Construímos unha A que disfrazamos de Abella. Puxemos en xogo o recortado e trazado de líneas. A idea era partir, o mesmiño que o outro día ca plastilina, de tres papeis...pero algún ten outra idea na súa cabeciña e necesitou catro (pero apañouse sen problema 😀)
Recortado
Montaxe
trazado de líneas
Resultado
Tamén completamos a actividade construíndo, a partir de letras soltas, a palabra ABELLA ou ABEJA
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)






















































