Se vos fixades ben, ó fondo ven o grilo a saudarnos
fondo
xoves, 8 de febreiro de 2018
EXCURSIÓN Ó TEATRO...
E por fin chegou o día, aínda que botamos de menos aqueles nen@s que non puideron vir. Foi un teatro musical sobre as historias dun grilo e unha nena soñadora e aventureira. Nos seus soños aparecerán dragóns (algún colleulle un pouco de medo), cometas, polbos...
mércores, 7 de febreiro de 2018
EXCURSIÓN Ó TEATRO
Mañá 8 de febreiro e se o tempo nos acompaña iremos de excursión a Lugo a ver o TEatro:"A nena e o grilo"
- NON é necesario traer merenda
- vestidos con ROUPA CÓMODA
- horario HABITUAL (sairemos sobre as 11 e chegaremos antes da saída normal)
Levarei un par de mudas por se algún nen@ tivera un despiste.
Traede as carpetas da Biblio porque faremos o cambio de conto como é habitual.
Traede as carpetas da Biblio porque faremos o cambio de conto como é habitual.
LÓXICA MATEMÁTICA E OUTROS CONCEPTOS
Facemos series en papel con gomets de cores. Podémolo expresar de dúas maneiras: gomet rojo, gomet verde ou círculo cadrado... ou incluso a combinación pero é necesario darse conta do patrón a seguir. A ficha contaba co patrón escollido e tiñan o seu alcance únicamente as pegatinas necesarias.

Onte tamén fixemos unha serie todos xuntos empregando pintura, rollos e esponxa e outra en papel na que a diferencia dos gomets non era de forma senón de tamaño e cor.

Tamén tivemos tempo de gavetas
ordeando por cantidades do 1 ó 3
escribindo en area
punzando
Bambino: é un xogo de fichas que se colocan encima do libro e se realizan diversas actividades de lóxica. É autocorrectivo aínda que todavía estamos presentando o xogo e non o controlamos moito
Cada ovella coa súa parella
Facendo series de dúas cores cos policubos. Tamén facemos comparacións: máís longa-curta
Construíndo a partir dun modelo
construíndo o nome con letras móbiles
pinzas e cantidades
Xa para rematar o día estivemos xogando con outro material plastificado e ca temática dos INSECTOS, xa que é o proxecto común que temos este ano na etapa de infantil. Fixemos diversas actividades matemáticas...
Falar de qué son
¿ónde hai máis? Comprobamos
MOITOS-POUCOS
Clasificar
Ordear de menor a maior. Comprobamos
A caza do insecto ¿Cántos cazaches?
Series
martes, 6 de febreiro de 2018
BONECO DE NEVE
Hoxe dedicámonos a facer UN BONECO DE NEVE e quedounos toda unha obra de arte. Aproveitamos para falar da neve, do frío e do inverno. Comezamos a actividade facendo folerpas de neve: recortando ou rasgando pequenos anacos de papel. Son dúas actividades que requiren moita precisión e aínda nos custa un pouquiño e con supervisión xa podemos empregar as tesoiras de verdade, non só as de papel (con moita supervisión porque cortan dedos...jajajaj). ¿que ocorre cando neva moito? que podemos facer un boneco de neve. Para iso, puxemos por riba do primeiro folio outro que xa tiña cortados os círculos do boneco e ¡tachán!
![]() |
| algúns entretivéronse moito co efecto do pegamento pegando os dedos |
sombreiro algún foi do revés
Paula festexa o seu cumple
Xa temos de volta a nosa querida Pauliña ¡moito a botamos de menos! e hoxe trouxo un biscoito feito pola súa nai para festexar connosco que xa ten 4 anos. ¡FELICIDADES!
domingo, 4 de febreiro de 2018
COMEZA O ENTROIDO...
Esta semana damos comezo ó Entroido e temos con nós ó MECO. Aquí tedes as ordes para cada día...Non lle las contedes ós máis maiores para eles as ordes irán día a día
O LUNS a cabeza taparás...
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


















































