fondo

sábado, 3 de febreiro de 2018

VENRES MATEMÁTICO E LITERARIO...

Este venres estivemos pouquiños no cole xa que o frío trouxo tamén resfriados. Estivemos a xogar a varios xogos lóxico matemáticos:
cada ovella coa súa parella


 Construímos conxuntos equivalentes. Partimos do modelo e por turnos tiñan que construir no plato  o  conxunto equivalente a ún meu

 Posteriormente, montamos os policubos para comprobar se tiñan a mesma altura. Están un pouquiño duros e téñolles que axudar a encaixalos pero é moi bo para o traballo de mans e dedos.
 Posteriormente comparamos distintas torres e tratamos de ordealas de menor a maior facendo unha escaleira

 Tamén presentamos un novo xogo para as gavetas. É un xogo de relacionar a cantidade de peixes que aparece na tarxeta co número que os pingüinos teñen na barriga. En principio, só temos as cantidades do 1 ó 4 porque todavía nos custa un pouquiño a algúns o recoñecemento das grafías.

Ademáis, este mes de Febreiro comezamos cunha ACTIVIDADE LITERARIA moi especial. Cada venres, durante uns 10-15 minutos un grupo de nen@s de 6º de primaria baixarán a contarnos contos. No comezo deste novo mini proxecto o grupiño de nen@s que viñeron: Lorena, Iker, Sheila e Arantxa trouxeron o seu conto favorito de cando eran pequenos. Tanto maiores coma pequenos estaban un pouco nerviosos pero creo que resultará unha actividade moi enriquecedora para todos e todas.








Tamén fixemos algunha actividade individual a modo de recunchos: as tarefas establecinas eu e tiñan un tempiño pequeno para realizalas e cambiar a outra:
psicomotricidade fina: Broches, cremalleiras, velcro...
Abecedario animais: os animais do meu nome
pingüinos numéricos: grafía e cantidade

correspondencias un a un

puzzles sinxelos
Estampado do nome en arcilla con tampóns de letras
construíndo bonecos de neve: iniciais e fotos

E ademáis de todo isto, os venres teñen unha pequena sesión de Audición e linguaxe ca profe Natalia antes da merenda e música ca profe Raquel.

xoves, 1 de febreiro de 2018

KILIAN CUMPLE 4 ANOS...


Estreamos o mes de Febreiro co cumpleanos de Kilian ¡MOITAS FELICIDADES!

ENTRE PORQUIÑOS E LOBOS ANDA A COUSA...

Onte andivemos traballando os números e algúnhas tarefas xiraron en torno ós tres porquiños, un referente moi significativo para os nen@s xa que coñecen de boa man ese conto. Estreamos a nosa recta numérica de foam e xogamos a saltar a recta hacia diante e hacia atrás (o día anterior xogamos con George, o mono, ó lanzamento de cohetes)




 Tamén falamos das cousas que nos coñecemos ou temos relacionados cos números ( unha nariz, unha boca, dúas mans, dous pés, dúas orellas..., tres anos, catro patas ten unha vaca ou cinco dedos na nosa man)
 Asociamos a grafía coa cantidade de animais, colocando tantos animais como a cantidade representa e tendo as fichas para comprabar se é correcto



Hoxe continuamos un pouquiño con esta historia e apareceu o LOBO. Pero un lobo peculiar, non tiña dentes, así que aproveitamos a ocasión para prácticar un pouquiño o recortado ¡ata nos atrevemos cas tesoiras normais xa que as de papel son moi limitadas! Non o fagades na casa sen supervisión dun adulto 😉😉








Así que cando necesitedes axuda cos dentes... ¡xa sabedes! que algún dixo que a súa mamá sacáballe os dentes ós señores...
Por suposto, non podían faltar a canción dos tres porquiños e o lobo para practicar un pouquiño o control do soplo (que nos axuda a falar mellor) e un pequeno xogo de enceste

soplando os dentes da mesa

tratando de encestar as boliñas de papel seda


O INVERNO: O FRÍO E OS PINGÜINOS

Na nosa de sesión de arte estivemos falando dun animal que vive no Polo Sur na neve onde fai moito frío. Para facer a nosa creación tivemos moitas fases:
  • Estampado de corchos nos círculos que aparecían no pingüino. Para isto fai falta precisión e algúns todavía non a teñen

   
  • Coloreado dos pés e do pico de cor laranxa

Preparamos un fondo de cor azul no que apareceu unha palabra ó pintar...PINGÜINO que comeza igual que Pablo e Paula



  •  Finalmente, fixemos con bastoncillo e pintura blanca a neve mediante o puntillismo (algún animouse e estendeu un pouquiño máis as folerpas ajjajaja)


Só nos faltaba secar e pegar os pingüinos...