fondo

luns, 22 de xaneiro de 2018

O PROTAGONISTA DA SEMANA: PABLO

Arrancamos cunha nova semana e un novo protagonista. Hoxe Pablo trouxo a súa caixa e fotos para contarnos un pouquiño máis da súa vida.
Ensinounos as súas roupiñas de bebé e aproveitamos para medilo e comparar o seu tamaño hoxe co da roupiña



 Tamén trouxo unha torre de cubos. Algún andivo contando e parece que temos 10 cubos pero aínda así todos os da clase somos máis altos ca torre.


E ensinounos as súas fotos de bebé e explicounos un pouquiño quen aparecía nelas... aínda que tuvo algún lapsus cos nomes de mami e papi ajajjajjaja




 Despois estivo compoñendo o seu nome, que xa o fai moi ben.

venres, 19 de xaneiro de 2018

O PROTAGONISTA DA SEMANA: MAURO 5

Xa chegou o último día da semana pero todavía non acabamos co traballo do protagonista. Hoxe estivemos descubrindo como conseguir a cor favorita de Mauro, o morado. E aínda que algúns o sabían empregamos un dos contos que trouxo Mauro no que se xogaba cas cores para mirar que cores tíñamos que empregar: vermello e azul. E como somos plurilingües pois nombrámolos nos tres idiomas... que non se diga que non somos aplicadiños :)



E xa que as vacas son unha das cousas favoritas de Mauro usámola de excusa para facer series e falar un pouquiño delas. Mauro díxonos que dan leite e se pode facer queixo, como a súa avoa.

 Tamén tiñamos unha avespa e as súas cores: negra e amarela


e falamos de longa-curta ou alta-baixa
Este xogo, xa presentado, pasará a formar parte das Gavetas.

E xa para rematar aquí tedes cómo quedou o LIBRO DE MAURO penso cun bonito recordo para cando sexa maior. 









outra das páxinas que cubrimos no cole son os debuxos dos seus compañeir@s e algo bonito que pensan sobre él.





 Bailamos a súa música, escoitamos e miramos os seus contos, obsevamos as súas fotos da súa familia e coñecemos un pouquiño máis a súa vida.

¡Gracias Mauro!


O PROTAGONISTA DA SEMANA: MAURO 4

O xoves era o gran día MAMÁ E PAPÁ visítannos na escola...¡qué nervios! Pero mentras non chegaban seguimos cantando e xogando os recunchos aproveitando os xogos que Mauro trouxo. Mirade que ben os distribui...
Recuncho do Alfabeto
 Saíron xogos moi interesantes...algúns construiron o seu nome cas fichas




RECUNCHO DO MEMORI
Recuncho para ver a Revista Frisona que trouxo Mauro (algún seguro que lle está dando a risa pero  eles estaban moi interesados)


Recuncho cos contos 
Os dous que facían sons encantáronlles


As 11 chegaron os papis, Manu e Óscar e a Mauro entroulle algo de vergoña. Estívolles ensinando os nomes das mesas porque xa os recoñece todos e tamén lles presentou os seus compañeir@s. A súa nai contounos un conto moi especial que escolleu Mauro "No hace falta la voz" Resultado de imagen de no hace falta la voz


 E despois traían unha sorpresa moi doce  ¡a galleta favorita de Mauro! Repartiron entre todos ¡cómo se puxeron de chocolate! pero despois merendaron un pouquiño de pera sen problemas.

Aproveitamos para contarlles o noso descubrimento do día anterior. Cando estábamos construíndo o nome de Mauro cas letras e falamos un pouquiño das súas letras e sons, descubrimos que o seu nome comeza igual co da súa mamá e remata igual ca inicial do seu papá. Tamén a súa comida favorita comeza por mmmmmm macarróns e o lugar no que vice Monterroso... e un montón de descubrimentos como que mimitos, mamita ou monito.

¡Gracias pola visita!

xoves, 18 de xaneiro de 2018

O CÍRCULO OU DON REDONDITO

Estivemos investigando pola clase obxetos redondos... que xiran xiran e nunca paran. Temos dúas mesas, aros, tapas, botóns... coas que xiramos e creamos 








E despois fixemos o mesmo no papel no que atopamos un círculo pegado. A idea era coller diferentes pinturas e xirar e xirar... Aquí tedes os resultados



E na casa ¿tedes cousas redondas? Podedes seguir investigando...