Hoxe propóñovos un xogo para traballar as cantidades. Chegaron os piratas e queren roubar moitas moedas de ouro ¿quen conseguirá máis?
Por turnos, cada xogador lanza un dado e avanza no taboleiro tantas casillas como marque o dado. Gañará ou perderá tantas moedas (podedes usar pedriñas, céntimos, garbanzos, tapas...) como marque a casilla. Cando algún xogador chegue o cofre de ouro robará a cada contrincante unha moeda. O xogo remata cando o primeiro xogador chegue ata o pirata. ¿Quen conseguiu máis moedas de ouro?
Descargade o xogo facendo CLIC nel ou debuxádeo nun folio. ¡Deséxovos unha boa viaxe, piratas!
fondo
martes, 11 de xullo de 2017
luns, 3 de xullo de 2017
SPINNER E XOGOS DE LETRAS....
Este xogo que tan de moda está nestes intres pode ser de gran axuda para crear outros xogos.

Para preparar o xogo podemos escribir ou pegar letras (descargádeas aquí) ó redor do plato e debuxar un círculo no medio onde se situará o spinner.
- Nome das letras e sons. Facer xirar o spinner e nombrar a letra e o seu son
- Palabra que comeza por...Facer xirar o spinner e nombrar un obxeto que comece pola letra dada
- Obxeto escondido. Cando o spinner marca a letra xogada tedes que buscar un obxeto na habitación na que vos atopades que comece por esa letra.
- Comidas e bebidas. Ó estilo do xogo "comidas e bebidas" escribimos nunha folla en 4 columnas Comidas, bebidas,animais e cousas. Trátase de nombrar ou escribir nas catro columnas segundo a letra sacada. Os irmáns maiores poden ir de parella cos pequenos e xogar contra algún adulto.
- Adivina o debuxo. Consiste en xirar o spinner e debuxar nun papel algo que comece pola letra sacada. O resto ten que adiviñar o debuxado, tendo como pista a letra. Este xogo faríase en pequenos grupos rivais. Se pasado un tempo marcado por vós os membros do grupo 1 non adiviñan os do outro grupo poden gañar puntos adiviñándoo.
¿Tedes máis ideas? Se queredes compartir podedes facelo nos comentarios
venres, 30 de xuño de 2017
OS MELLORES LIBROS PARA NENOS 5-8 ANOS
Hoxe apetecíame deixarvos un artículo sobre libros interesantes cos que contamos para estas idades. A literatura infantil está crecendo enormemente na última década e no mercado existen unha variedade moi ampla. Aquí tedes unha selección... Desexo que vos resulte interesante.


mércores, 28 de xuño de 2017
BUSCA E ATOPA EN VERÁN...
Esta actividade segue a línea das que realizabamos na clase porque axudan a traballar a atención sostida. Ademáis, traballamos lectura (os que todavía non saben contan coa axuda das imaxes) e o conteo. Descarga AQUÍ

SIMON DICE... XOGO DE ATENCIÓN E MEMORIA
Hoxe preséntovos un xogo moi coñecido que nos serve para poñer en xogo a nosa atención e memoria ¿ata que nivel eres capaz de chegar? Fail click na imaxe para acceder ó xogo...
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)





