fondo

luns, 6 de xaneiro de 2020

Gala de Fin de Ano

O último día antes das vacións... tamén foi un día moi especial!
Nada máis chegar ao cole os nenos e nenas estaban un pouco ansiosos así que decidimos facer o ensaio xeral da nosa actuación para comprobar que estaba todo dominado.





Ao acabar tivemos unha visista moi especial... o Apalpador e Papá Noel viñeron a darnos un agasallo mooooi doce! debemos ser moi bos!




Despois un pouco de debuxo, merenda libre e prepararnos para a a gala! Tivemos que preparar as nosas 12 "uvas" para as campanadas!


As campanadas foron xa con todos o compañeiros do cole e non faltou o confeti!




Ao acabar comezaron as actuación. Fomos os 2º en actuar despois dos nosos compis de 4 anos. Fixérono xenial e nós... non iamos ser menos! Somos uns artistas!





Despois actuaron tamén os compis maiores doutros cursos e a continuación... festa rachada!
Música, baile, fotos... divertímonos moitísimo.





(Entre a música, o barullo, e todos os nenos correndo ao redor de nós... foi imposible sacar unha foto na que mirasemos todos... )



Unha maneira estupenda de comezar as festas! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario