As últimas semanas andivemos moi atarefados co Nadal a voltas todo o tempo...
Decoramos a nosa propia árbore de Nadal, para elo fixemos cada un unha boliña coa inicial do nome recuberta de boliñas de papel. Cando estiveron todas colocadas pintamos diferentes adornos na árbore como copos de neve, anxiños, agasallos, bonecos de neve... e así decoramos a porta da nosa aula.
Tamén fixemos unha vidrieira de abetos utilizando outra técnica: cada ún picou a silueta, colocamos papel de forro e a pegar cadradiños de papel que previamente recortaron. Escribimos o nome, desexamos un bo nadal e para á xanela! O pasala luz quedan preciosos!
Fixemos unhas pequenas luces facendo unha serie de cores coas pegadas dos dedos.
Pintamos e recortamos un mandala navideño.
Elaboramos o que ía ser a portada dos nosos traballos de mesa de todo o trimestres con auga de témpera e un gotero... había que ter moito coidado coa prensión e resultounos máis dificil do que parecía. Pero con calma e pouco a pouco quedounos estupendo!
Nos traballos de mesa tamén nos tocou escribir un montón de palabras navideñas... As partes do traxe de Papa Noel, as partes do reno... e cos números e a grafo igual: contar o número de adornos dunha árbore e facer a suma total, decorar boliñas facendo diferentes grafismos... Todo xirou en torno ao Nadal.
E como somos moi cantareiros... aprendimos unha nova canción que ademáis de cantar e bailar, foi coa que actuamos o último día de cole antes das vacacións...