fondo

luns, 7 de outubro de 2019

Comezando o novo curso!


Comezamos o novo curso e unha nova estación case á vez... así que estivemos actualizando a nosa decoración! Repasamos, picamos, cortamos, pegamos e escribimos o noso nome.


 
   

Tamén fixemos un cartel e... así de chulos quedaron os percheiros decorados:

E seguindo coa temática do outono, recollimos unhas follas no patio e escribimos algunhas palabriñas...



Tamén comezamos co préstamo de contos dos venres. Os contos permanecerán en casa de venres a venres e irán acompañados dunha folliña para que os/as nenos/as  fagan o rexistro do préstamo e unha pequena ilustración. Fixemos un cadro de doble entrada cunha selección de 16 contos que rotaremos durante 16 semanas. O encargado de calendario debe darlle a cada neno/a o conto que lle corresponde. Este venres tocoulle a Asier e fíxoo así de ben:




A semana pasada tivemos unha sorpresa! Unha video chamada coa profe Leti! que nos presentou o motivo da súa ausencia... :)  Estábamos tan contentos que estivemos facéndolle un "agasallo". O que máis lle dixemos e que queríamos que volvese pronto.

  

A profe Leti ademáis mandounos estas fotos para que vísemos o fermosos que están algúns dos polos do curso pasado, o que cambiaron e o diferentes que son.





Ningún comentario:

Publicar un comentario