Estas son algunhas das actividades que estivemos facendo na aula para traballar as cantidades e a súa representación:
Contar, contar, e contar. Contamos tapóns, os que somos en clase, os días que pasaron do mes, os días que faltan para algún cumple ou evento... e contando contando estivemos contando partes do corpo... chegamos os dedos! había moitos en clase e fixemos un xogo que lles gustou e repetimos de vez en cando traballando o conteo de 5 en 5. Por parellas chocamos os 5, os 10, os 15 e os 20. e de paso, divertímonos un rato!
Ademáis estamos practicando a contar de 10 en 10... ata 100!! e par escribilos... descubrimos o truco de poñer un 0! así de fácil.
Tamén representamos cantidades debuxando, cun xogo novo de dado, no que temos que debuxar tantas figuras ou obxectos como número nos saia e nos indique o cartel. Este é un dado diferente, do 7 o 12 e podemos elexir figuras ou debuxiños.
Tamén estamos practicando a adicción e a sustrucción e a súa representación. Primeiro vivenciandoo con obxectos, cos dedos... e depois representandoo.
Ademáis practicamos a descomposición numérica coas casiñas dos números. Por ahora fixemos as 5 primeiras, no chan, no encerado, nun folio... o principio costounos un pouco pero ahora xa lle estamos pillando o truco!