fondo

domingo, 2 de decembro de 2018

XOGOS LINGÜÍSTICOS

Xa controlan bastante ben algúns sons nas palabras así que decidín meterlles un xogo un pouquiño máis complicado no que debían recoñecer o son inicial de cada palabra e escribilo debaixo. Ó final sairía a palabra secreta...

Atopamos algunhas dificultades que sempre podemos solventar con pequenas axudas como son non saber escribir a letra aínda que a identifica (podemos facelo no aire, no chan co dedo ou incluso ofrecerlle puntiños para reseguir), non saber o vocabulario, non identificar a letra...Coa axuda de todos seguimos avanzando.
¿Cal era a palabra segreda? O recoñecer todos un nome da clase estaban moi emocionados.



Tamén aproveitamos para repasar vocabulario e a súa pronunciación despaciño e contando as sílabas que ten cada palabra. Normalmente, con palmadas pero se lles resulta complicado poden contar cos dedos.

E a estrella da semana que nunca falta é unha ficha de VEO VEO. Esta semana os detectives estiveron algo agobiados porque era un pouquiño complicada pero a maioría conseguírono.

Ningún comentario:

Publicar un comentario