fondo

xoves, 14 de xuño de 2018

ÍMONOS DE PICNIC...

Por fin chegou o bo tempo e non podíamos deixar pasar a ocasión, así que puxémonos mans á obra e preparamos a merenda para ir de picnic a explorar o patio dos maiores acompañados dos nen@s de 5 anos
O primeiriño de todo foi preparar a merenda:

 Pelar e cortar plátanos, e lavar as cereixas

 Preparar sándwiches e partilos pola metade, algúns foron feitos con pan tostado
Tamén revisamos todo o que precisábamos: auga, vasos, servilletas e mantel (ou alfombra como apuntou algún)



e despois de sándwiches e froita tocaba XEADO...mmmmmm




Aproveitamos moito o tempo de onte e despois do picnic estiveron xogando "a ver un raposo"
Xa estaban preguntando cando facíamos outro 😀

Ningún comentario:

Publicar un comentario