fondo

domingo, 2 de decembro de 2018

XOGOS LINGÜÍSTICOS

Xa controlan bastante ben algúns sons nas palabras así que decidín meterlles un xogo un pouquiño máis complicado no que debían recoñecer o son inicial de cada palabra e escribilo debaixo. Ó final sairía a palabra secreta...

Atopamos algunhas dificultades que sempre podemos solventar con pequenas axudas como son non saber escribir a letra aínda que a identifica (podemos facelo no aire, no chan co dedo ou incluso ofrecerlle puntiños para reseguir), non saber o vocabulario, non identificar a letra...Coa axuda de todos seguimos avanzando.
¿Cal era a palabra segreda? O recoñecer todos un nome da clase estaban moi emocionados.



Tamén aproveitamos para repasar vocabulario e a súa pronunciación despaciño e contando as sílabas que ten cada palabra. Normalmente, con palmadas pero se lles resulta complicado poden contar cos dedos.

E a estrella da semana que nunca falta é unha ficha de VEO VEO. Esta semana os detectives estiveron algo agobiados porque era un pouquiño complicada pero a maioría conseguírono.

RECUNCHOS MATEMÁTICOS

A semana pasada estivemos traballando...
Búsqueda de palabras segundo unha cantidade de sílabas dada de antemán. Aproveitamos para mellorar vocabulario

REcunchos matemáticos
1. Números. Vías do tren. A actividade consistía en colocar tantos clips como indicaba o tren ben con puntos, números ou incluso sumas (solamente había que colocar as dúas cantidades que aparecían) Supón un bo traballo de competencia matemática así como de psicomotricidade fina




2. Creatividade. No recuncho da plastilina estivemos a facer churros e figuras a partir de eles
3. LÓXICA MATEMÁTICA. Cos cubis estivemos facendo series de dúas cores e despois eles foron inventando diferentes creacións.

4.Debuxo con Regletas. Empregamos as regretas para debuxar observando uns modelos, aínda que algúns se atreveron por libre.




luns, 26 de novembro de 2018

Cantidade de letras e Recunchos matemáticos

A semana pasada estivemos botando un vistazo os nosos nomes e a cantidade de letras que teñen 


Descubrimos que Christian é o nome máis longo da clase e TEo e Leo son os máis curtiños. Quedou pegado no encerado e gústalles ir de vez en cando a miralos e debatir sobre eles.

Despois fixemos os Recunchos matemáticos da semana:
1. Recortado. Tiñan a imaxe dunha vaca marcada con catro líneas que tiñan que recortar, montar nun folio e pegar.

2. Enladrillamos un cadrado. Por parellas tiñan que encher un cadrado marcado na mesa con construccións


3. CONXUNTOS. Seguimos ca actividade da semana anterior pero neste caso facemos conxuntos de dous, parellas. Primeiro na mesa con figuras do outono e despois trasladamos ó papel.









4. PONTES de plastilina. Tocaba reforzar as mans e dedos con xogos de plastilina, neste caso facendo pontes.








luns, 19 de novembro de 2018

NOVOS XOGOS...

Na xornada do venres estivemos presentando novos xogos para xogar tanto na clase como para levar para a casa co libro da Biblioteca. O primeiro estivemos vendo vocabulario de animais e despois falamos un pouquiño dos distintos animais: salvaxes ou domésticos
TAmén xogamos cun xogo de atención no que tes que recoñecer que animal se mostra nunha sombra...

E outra versión do xogo da lupa que xa tiñamos o ano pasado. Neste caso a temática é o circo.

E como a atención é unha habilidade moi importante outro dos xogos consistía en buscar o pedaciño perdido... resultoulle un pouco complicado, sobre todo cando estaban as pezas das tres fichas xuntas.
Outro habilidade moi importante que se traballa nesta etapa é a conciencia fonolóxica, neste caso, palabras que comezan igual...demos comezo as vogais e pouco a pouco iremos completando o xogo.

Unha vez presentados algúns xogos fixemos unhas rondas por parellas para ir coñecendo os novos xogos


Cantidades: tantos puntos como cantidade de... haxa
Secuencias: ordear o que pasou primeiro, despois e o final. Coma sempre recalco a necesidade de que den unha explicación xa que moitas veces pode ser totalmente válida 






Adiviña o animal prestando atención ás pesquisas