O xogo que vos presento hoxe é feito con materiais da casa e moi sinxelo pero divertido. Precisaredes dous rollos de papel hixiénico (o cartón) e dous trozos de cartulina ou cartón.
Só tedes que plegar o rollo de papel hixiénico no que logo faredes un debuxo sinxelo (un neno ou nena, algún animal...) e cortaredes á medida a cartulina ou cartón que vai por dentro. Cunha regla marcades os números do 1 ó 30, e listo para xogar. Por turnos, tirades o dado e ides subindo o neno tantos números como indique o dado (hai que ir debuxando as pernas). ¿quén chegará antes arriba? Eu fixen un sombreiro na parte superior ¿quén poñerá primeiro o sombreiro?
fondo
luns, 24 de xullo de 2017
luns, 17 de xullo de 2017
APP: Family Trivia Free...
Aquí vos deixo unha APP que estiven probando últimamente. Pareceume interesante xa que vale para toda a familia, adaptando as preguntas segundo a idade do xogador. No inicio do xogo escolledes os xogadores e a idade de cada ún, así as preguntas adecúanse a ese xogador. Tamén se pode xogar un só xogador. ¡Que vos divirtades!
martes, 11 de xullo de 2017
A CAZA DO TESOURO...
Hoxe propóñovos un xogo para traballar as cantidades. Chegaron os piratas e queren roubar moitas moedas de ouro ¿quen conseguirá máis?
Por turnos, cada xogador lanza un dado e avanza no taboleiro tantas casillas como marque o dado. Gañará ou perderá tantas moedas (podedes usar pedriñas, céntimos, garbanzos, tapas...) como marque a casilla. Cando algún xogador chegue o cofre de ouro robará a cada contrincante unha moeda. O xogo remata cando o primeiro xogador chegue ata o pirata. ¿Quen conseguiu máis moedas de ouro?
Descargade o xogo facendo CLIC nel ou debuxádeo nun folio. ¡Deséxovos unha boa viaxe, piratas!
Por turnos, cada xogador lanza un dado e avanza no taboleiro tantas casillas como marque o dado. Gañará ou perderá tantas moedas (podedes usar pedriñas, céntimos, garbanzos, tapas...) como marque a casilla. Cando algún xogador chegue o cofre de ouro robará a cada contrincante unha moeda. O xogo remata cando o primeiro xogador chegue ata o pirata. ¿Quen conseguiu máis moedas de ouro?
Descargade o xogo facendo CLIC nel ou debuxádeo nun folio. ¡Deséxovos unha boa viaxe, piratas!
luns, 3 de xullo de 2017
SPINNER E XOGOS DE LETRAS....
Este xogo que tan de moda está nestes intres pode ser de gran axuda para crear outros xogos.
Para preparar o xogo podemos escribir ou pegar letras (descargádeas aquí) ó redor do plato e debuxar un círculo no medio onde se situará o spinner.
- Nome das letras e sons. Facer xirar o spinner e nombrar a letra e o seu son
- Palabra que comeza por...Facer xirar o spinner e nombrar un obxeto que comece pola letra dada
- Obxeto escondido. Cando o spinner marca a letra xogada tedes que buscar un obxeto na habitación na que vos atopades que comece por esa letra.
- Comidas e bebidas. Ó estilo do xogo "comidas e bebidas" escribimos nunha folla en 4 columnas Comidas, bebidas,animais e cousas. Trátase de nombrar ou escribir nas catro columnas segundo a letra sacada. Os irmáns maiores poden ir de parella cos pequenos e xogar contra algún adulto.
- Adivina o debuxo. Consiste en xirar o spinner e debuxar nun papel algo que comece pola letra sacada. O resto ten que adiviñar o debuxado, tendo como pista a letra. Este xogo faríase en pequenos grupos rivais. Se pasado un tempo marcado por vós os membros do grupo 1 non adiviñan os do outro grupo poden gañar puntos adiviñándoo.
¿Tedes máis ideas? Se queredes compartir podedes facelo nos comentarios
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)