fondo

domingo, 12 de febreiro de 2017

TABLETS NA AULA DE INFANTIL...

Na aula de cinco anos estamos a empregar Tablets e diferentes APPs para traballar. Recientemente mercamos dúas Tablets que nos permiten traballar cos xogos QR que xa ides coñecendo cando os levan a casa. A idea é moi sinxela: os nenos teñen a súa disposición diferentes tarefas que deben realizar e unha vez completada a ficha do alumn@ so teñen que empregar un móvil ou Tablet que dispoña do lector QR para correxir as respostas.
Tamén xogamos coa aplicación KAHOOT! a modo de concurso de televisión. Estas primeiras probas prepareilles dous xogos de iniciación: recoñecemento de emocións e palabras de tres letras. Xogamos no modo clásico, onde teñen que escoller entre catro opcións a resposta correcta.
1º meter o código e o nome (repasamos os números e letras)

 

Outras aplicacións que empregamos son:

  

  
Para traballar a atención. Hai que atopar os distintos obxetos que precisa Lola.
Cover art xogo de puzzles para traballar a orientación espacial.

Ningún comentario:

Publicar un comentario