fondo

domingo, 12 de febreiro de 2017

TABLETS NA AULA DE INFANTIL...

Na aula de cinco anos estamos a empregar Tablets e diferentes APPs para traballar. Recientemente mercamos dúas Tablets que nos permiten traballar cos xogos QR que xa ides coñecendo cando os levan a casa. A idea é moi sinxela: os nenos teñen a súa disposición diferentes tarefas que deben realizar e unha vez completada a ficha do alumn@ so teñen que empregar un móvil ou Tablet que dispoña do lector QR para correxir as respostas.
Tamén xogamos coa aplicación KAHOOT! a modo de concurso de televisión. Estas primeiras probas prepareilles dous xogos de iniciación: recoñecemento de emocións e palabras de tres letras. Xogamos no modo clásico, onde teñen que escoller entre catro opcións a resposta correcta.
1º meter o código e o nome (repasamos os números e letras)

 

Outras aplicacións que empregamos son:

  

  
Para traballar a atención. Hai que atopar os distintos obxetos que precisa Lola.
Cover art xogo de puzzles para traballar a orientación espacial.

Lucía cumple 6 anos...

Xa temos a segunda nena que cumple os 6 anos ¡MOITAS FELICIDADES!












domingo, 5 de febreiro de 2017

NOVOS TRABALLOS POR PARELLAS...

Xa completamos a 1ª ronda de traballos por parellas e tocan novos xogos e tarefas. O traballo xa é moito máis autónomo e as parellas axúdanse entre sí. As actividades traballan diferentes contidos como CONCIENCIA FONOLÓXICA: aquelas palabras que traballamos no xogo "Caixa rosa de Montessori" da ronda anterior agora damos un paso máis e temos que compoñelo cas letras que se atopan dentro dos ovos sorpresas, escribilos na ficha e comprobar coa aplicación QR o resultado; tamén os "OVOS ROTOS" teñen que compoñelos unindo o debuxo e a inicial pola que comezan e "ESPIANDO LETRAS" traballamos o recoñecemento das letras do abecedario en revistas e folletos (mayúsculas, cursivas, minúsculas...) e xogos de ordenador de recoñecemento de cantidade de sílabas (conciencia silábica). O traballo espacial coa composición de figuras empregando o TAMGRAN, resulta máis ou menos fácil xa que os modelos dados presentan as figuras do xogo; e o lóxico-primo caseiro que traballa a través de diferentes fichas a organización no espacio. Contamos tamén cun xogo de pinzas que antes tíñamos na Asamblea, no que hai que colocar tantas pinzas como indique o número establecido, ordear de menor a maior...Recortado e taladrado que nos permite traballar unha maior precisión fortalecendo os músculos das mans e dedos (recortar por encima da línea recta, taladrar en cada cadrado individual un motivo escollido e recortalos individualmente)  e o uso de xeringas para facer trasvases, Nesta última actividade empregamos auga de cores que creamos cos rotuladores que xa non escriben e tamén aproveitamos a facer mezclas de cores primarias, creando cores secundarias (ou o que xurda, non se para a creatividade 😉)
conciencia fonolóxica: PALABRAS TRES LETRAS

OVOS ROTOS: IMAGEN-SON INICIAL

TAMGRAN

RECORTADO  E TALADRO


ESPIANDO LETRAS

TRASVASES: A XERINGA

CANTIDADES  E GRAFÍAS
Pronto publicaremos un pequeno vídeo que amosa o traballo diario...

DÍA DE LA PAZ...


Este luns 30 de xaneiro celébrase o Día da Paz e nós estivemos facendo algunas actividades relacionadas con esta conmemoración. Pinatamos unha mandala que logo recortaríamos en catro pedazos e serviríanos para encher un mural formando dúas mans cun corazón no medio.

Mural feito con anacos de mandala

O cole enteiro encheu a entrada con estrelas co lema "Iluminamos o mundo pola paz" O día 30 de xaneiro cantamos todos xuntos unha versión da canción de Morat


Todo o cole creou este mural con estrelas 

A mandala de esta semana