fondo

domingo, 25 de setembro de 2016

As nosas iniciais...

O traballo do nome é unha actividade moi importante en infantil xa que é o primer punto de encontro entre os nenos e nenas e a lectoescritura. Xa estamos no último curso pero é preciso reforzar o recoñecemento do noso nome e tamén aprender os nomes dos compañeiros. O longo do curso faremos unha morea de actividades que nos permitan acercarnos a este mundo que é maravilloso, sobre todo, no momento en que nos fagamos lectores. Uns bos lectores os que lles atrapen as historias dos contos, por iso, é moi importante esta primeira aproximación.
Nesta primeira actividade recortamos a nosa inicial, e decorámola con plastilina. Era importante presionar cos dedos para que o poñela de pé non caera, traballando así a forza dos dedos e mans.
Noutro día preparamos a base onde pegar a inicial. En principio xogamos con tres cores; rojo, azul e verde pero a emoción fixo maxia e acabaron de cores mesturadas.











Ningún comentario:

Publicar un comentario