fondo

mércores, 6 de xuño de 2018

CADRADO E CÍRCULO...

Estivemos xogando cos cadrados e os círculos vendo as diferenzas e semellanzas entre eles
 E despois recordamos como se facían series, esta vez foron eles os que as comezaron


 Esta serie de dous elementos é CIRCULO-CADRADO
 Nun segundo momento comecei eu unha serie sen falar do criterio quén sabe seguir a serie?
 E aquí a resposta: Cuadrado, cuadrado, círculo y a seguir (que non era a que eu pensara pero totalmente válida e, ademáis, máis complicada  😀)
 Aquí na que eu estaba pensando...o criterio era a cor
 E a continuación fixemos un traballo plástico... a caza do cadrado:
1º colocamos cadrados polo folio

 2º poñer os mandilóns
 3º Cazar os cadradiños empregando rolos de papel doblador como un cadrado


O PROTAGONISTA DA SEMANA: TEO 3

Hoxe volvemos a abrir a caixa do protagonista e ensinounos todos os xogos que trouxo e dous contos moi chulos
 Un peluche da peli de Monstruos SA, unha boneca, unha linterna de animais, un tractor, un quad...



Tamén trouxo un puzzle dun elefante de madeira que nos levou un ratiño facelo jajajajajaja ¡conseguímolo!




E estivemos contando os seus contos: Sopa verde, que trata dun coello que soamente quere comer cousas verdes e os animais anímano a probar outros alimentos; e Míster Magnolia que trata dun música extravagante que perdeu unha bota

martes, 5 de xuño de 2018

CUMPREANOS DE PABLO...

Uf, está a rematar o curso e xa temos un novo membro do club dos 4 😀 ¡MOITAS FELICIDADES PABLO!  e hoxe quixo compartir con nós un biscoito con forma de osiño ¡qué rico!



 O primeiriño de todo preparar a coroa
 E despois tocaba cantar o cumpreanos feliz acompañando o cumpleañeiro  que, por certo, apagou as velas antes de que rematáramos de cantar jaajjajajajjaj


O PROTAGONISTA DA SEMANA: TEO 2

Hoxe estivemos traballando en torno o nome do encargado
composición

cantidade de letras


 Representación de esa cantidade con tapas, con tarxetas de puntos ou con tarxetas dos propios compañeiros



luns, 4 de xuño de 2018

O PROTAGONISTA DA SEMANA: TEO

Arrancamos a semana co último protagonista do curso (algún xa preguntou cando lle tocaba outra vez 😀) Teo.
Hoxe ensinounos as súas cousiñas de bebé e un montón de fotos

 O axóuxere porque ós bebés gústalles moito os sonidos pero ¡non moi fortes!
 Aquí amosándonos como creceu ¡xa non lle vale ese pixamiña!


 E ensinounos un montón de fotos





 E preparando o seu recuncho. Escribiu o seu nome, o de papá que se chama Marcos e a súa mamá María del Mar, pero só escribimos Mar. Na foto non se aprecia, pero escribiu moi ben as letras aínda que un pouco revoltas😊


 Despois puxemos o nome e buscou os animais que comezan igual que as súas letras: Tigre, Elefante e Oso




e colocando as pinzas no seu número correspondente 

TAmpouco pode faltar o lanzamento do cohete coa conta cara atrás