fondo

mércores, 19 de setembro de 2018

Recordando...

Arrancamos novo curso e toca volver as rutinas, esas rutinas que nos axudan a situarnos nun tempo e nun espacio e nos dan seguridade. Toca adaptarnos tamén ó novo horario co que contamos este curso. Estos primeiros días estivemos recordando os nomes dos compañeiros, construímos os nosos con letras móbiles e xogamos cas series, moitos-poucos...







Adornamos o noso percheiro...

Hoxe rematamos unha actividade na que tivemos que debuxarnos, partindo da nosa foto (aínda que algún deixouna de lado), recortar as letras do noso nome e montalo de novo para completar a nosa ficha para o percheiro.









¡Quedaron moi vistosos!







martes, 4 de setembro de 2018

VOLTA Á ESCOLA


Rematan as vacacións e xa estamos de volta na escola. Teremos a primeira toma de contacto este venres ás 11:30 na aula de sempre e posteriormente, todas as familias e profesorado do Centro reunirémonos no Salón de Actos para presentar o novo profesorado.
Deica pronto!