fondo

domingo, 3 de xuño de 2018

ESTA SEMANA ESTIVEMOS TRABALLANDO EN...

Esta semana comezamos a investigar outro insecto: as mariquitas. Tivemos na clase larvas de xoaniña, toda unha sorpresa xa que non se parecen nada ás xoaniñas adultas. Comen pulgóns, igual cas mariquitas pero son negras e parecen máis unha formiga cunha xoaniña. Non as debimos coidar moi ben porque morréronnos pero conseguín mariquitas adultas e estivémolas observando con moita curiosidade


 Outra das tarefas que realizamos comezou co pintado en vermello libremente nun folio facendo así a base para colocar as letras do noso nome.




Unha vez preparada a base e mentres a deixabamos secar recortamos o noso nome en letras e pegamos cada letra nunha tira.
 Despois tocaba construir o nome e tratar de facer en cada tira a letra:

 
Cada un o fixo a súa maneira pero o importante é practicar 😉




Construimos as palabras abella e xoaniña en gran grupo, cada un completando a súa ficha.
 Para realizar a  actividade entre todos  recalcábamos  os sons das letras que despois tiñan que vir a buscar...

 E tamén a palabra xoaniña
Tampouco faltaron os xogos de Veo Veo para traballar a atención e a conciencia fonolóxica: primeiro buscamos diversos obxectos e despois toca adiviñar o nome escondido, éste era Sergio
 Xogo con gavetas:
 Tarxetas de tres letras: oca, sol, pez...
 Equilibrios: a pirámide máis alta

 Un xardín de flores: psicomotrocidade fina
 Miniarco

 Dados e cantidades

 Policubos e os números

 Construccións con tubos e palliñas

 Goteiros

 No restaurante: escribimos os pedidos dos clientes 😉


CONTINUARÁ...
As xoaniñas e os seus lunares. O xogo consistía en unir o corpo coa cabeza segundo o número de lunares

Neste caso tiñan que contar o número de xoaniñas da tarxeta e colocar a pinza no grafía correspondente

 Trazado de números con pinchos
 E tamén estivemos traballando en gran grupo cun puzzle de cartolina dunha xoaniña e falando un pouquiño delas



 E un pequeno reto: Cántas xoaniñas temos? Despois de tapalas cantas quedan? E cantas están agochadas?


E aquí o mesmo xogo pero en tarxetas.

sábado, 2 de xuño de 2018

O PROTAGONISTA DA SEMANA: ASIER 5

Rematamos a semana cas últimas actividades do protagonista. O primeiro de todo foi a foto de amigos, hoxe faltaban algúns e algunha traia o día malo e non se quixo poñer 😏. Despois o que máis lles gusta: pintar a man do color favorito. Costoulle abrir a man porque tiña moitas cóxegas. E tamén lle tomamos a medida: neste momento todos queren compararse ¿quen é maís algo ou  máis baixo?


 E así quedou o libro do protagonista:









 Tivemos un pequeno problema xa que non iba internet e non puiden descargar a foto. O luns quedará solucionado.