fondo

martes, 13 de xuño de 2017

FRASE SECRETA...

Hoxe demos un paso máis como detectives e non só tíñamos unha palabra secreta, senón toda unha frase...pero con premio. Nesta actividade puxemos en xogo un montón de habilidades necesarias para poder levala a cabo:

  • Descifrado do código. Correspondencia dun número cunha letra
  • Concentración e atención sostida
  • Lectura da frase completa
  • Comprensión do lído para poder realizar a acción pedida
A actividade tiña a similude ca anterior no descifrado dun código no que había que cambiar cada número pola letra correspondente, pero neste caso nun nivel máis complexo xa que eran moitas máis palabras a descifrar e chegaba un punto no que algúns perdíanse. Por outro lado, unha vez descifrado era necesario un segundo descifrado, "a lectura". Algúns xa o fan moi ben e outros pouquiño a pouco vanlle collendo o truquillo coa miña axuda. E xa para rematar, se pretendemos que a lectura teña a súa funcionalidade real, é preciso comprender o que nos di e polo tanto facelo. Para esta última proba tivemos que volver a leer de novo... Finalmente, chocamos as cinco!





Por certo, a mensaxe escondida era LEVANTA A MAN DEREITA SE QUERES GAÑAR UN OSITO

luns, 12 de xuño de 2017

XOGOS MATEMÁTICOS...

Despois de facer as actividades individuais estivemos facendo un xogo matemático por parellas. A actividade consiste en tirar os dados, sumar, ou contar todos os puntos e pintar o resultado. Aquel que pinte todos ou máis (se xogamos con tempo) é o vencedor.







Tamén aproveitamos os dominós numéricos para facer unha actividade moi semellante. Sumamos as dúas cantidades e colocamos ó redor do número que da como resultado.

NOVO KAHOOT... PASAPALABRA

Estou elaborando un novo KAHOOT ó estilo de pasapalabra. Dase unha definición e tes que acertar segundo a letra do abecedario que corresponda... Por ahora temos ata a letra E.

PASAPALABRA
Para xogar só tedes que facer CLICK na imaxe (dende o ordenador) e preparar tantos móbiles como xogadores.

domingo, 11 de xuño de 2017

CONTACONTOS...

Este pasado venres tivemos un contacontos da man da Editorial Santillana. Fixemos unha viaxe polo mundo a través de diversas historias e contos de cada continente. En Australia contáronnos cunha lenda explica a orixe da palabra CANGURO, ésta xurdira ó preguntar os occidentais o nome do animal, "kan ghu ru" foi a resposta dos aboríxenes, que o que trataban de dicir era "non te entendo"; falamos do mago dos tronos e coñecimos un instrumento moi chulo que fai o ruído da tormenta; coñecimos o elefante de África que tiña gripe e rimos as gargalladas cas ideas dos seus amigos e tamén  coñecimos o que máis doe neste mundo...















domingo, 4 de xuño de 2017

SEN NOME...



XOGOS ONLINE CONCIENCIA FONOLÓXICA...

Se queredes traballar un pouco na casa o recoñecemento auditivo de sons, letras... aquí tedes un xogo que vos pode servir...
A WEB chámase Letras de Colores e podedes atopar diferentes xogos relacionados cos sons e as letras. O que amosa a imaxe é o apartado DISCRIMINACIÓN AUDITIVA no que hai tres modalidades: sons de animais, transportes..., vogais e consonantes.
Tamén contamos cun apartado para traballar a construcción de frases: empregando debuxos e palabras ou únicamente palabras (nivel 1 e nivel 2); e traballando en maiúsculas ou minúsculas.


venres, 2 de xuño de 2017

ACTIVIDADES INDIVIDUAIS...

¡ACTUALIZADA!

Xa comezamos o mes de xuño e os días de calor cústanos un pouquiño máis traballar: estamos cansos, nerviosos... pero seguimos traballando cun montón de actividades individuais que alimentan esa curiosidade e ganas de coñecer que teñen os nen@s destas idades. Aquí tedes as tarefas nas que andamos a traballar:


  1. RECUNCHO DE ARTE
  • COSIDO. Nesta actividade retomamos as habilidades precisas para coser diferentes planchas, algúns xa o facemos moi rápido aínda que agora tamén hai que descoser... e nos custa un pouquiño máis
  • ACUARELAS. A idea é usar as acuarelas para pintar círculos ou outras "manchas" e completar o debuxo con trazos para facer flores.



          

  • LETRAS ROMERO BRITTO. Coñecemos a un pintor e escultor brasileiro ó que lle gusta usar moito colorido e toda clase de grafimos: raias, puntos, manchas...Temos a nosa disposición o molde das súas letras, as que vamos a decorar e formar unha palabra que pode ser real ou inventada.
      
  • GRAFISMO.  Nesta actividade vamos a seguir traballando os trazos, o gusto polos traballos libres e cuidados. Traballamos as líneas rectas e outros trazos. Esta actividade terminarase nunha fase posterior con acuarelas por riba.
  • DEBUXO MÁXICO. O debuxo é unha actividade fenomenal e que lles encanta pero esta vez engadimos algunha sorpresa. Pintamos nun folio con ceras manley intentando cubrir de cor todo o folio. Despois cubrimos con témpera negra e deixamos secar. Unha vez seco chega a parte especial, debuxamos cun palillo



  1. RECUNCHO DE LETRAS:
  • ABECEDARIO. Traballamos o recoñecemento de todas as letras do abecedario en inicio de palabra. Recoñecen e toman contacto ca letra en maiúscula e minúscula e o seu son, escollendo entre as tres dadas, a imaxen que comeza por esa letra. Para algúns contamos cunha actividade extra  consistente en unir as imaxes de pocoyízate coa súa descripción.

  • PALABRAS SECRETAS. A actividade consiste en recoñecer o son inicial de cada imaxen e escribilo. Ó final aparecerá unha palabra nova.
  • TRAZADO DE LETRAS. Traballamos o trazado das letras do abecedario en maiúscula e minúscula perfeccionando, deste modo, os movementos precisos de muñeca, man e dedos para a escritura.
  • CONCIENCIA FONOLÓXICA. Esta actividade é a continuación da ronda anterior. O nen@ ten que escoitar a sílaba e escoller, de entre tres dadas, a correcta. En fases posteriores debe escoller as letras que compoñen estas sílabas. Traballamos en maiúsculas e minúsculas, composición de palabras e memoria auditiva.
  • SÍLABAS INICIAIS. Seguimos co traballo da conciencia fonolóxica, neste caso unindo imaxes coa súa sílaba inicial.  Para aqueles que esta actividade resulta moi doada traballamos con frases de contos tradicionais: lectura e comprensión de frases e a correspondente relación co conto.

  1. RECUNCHO DE CIENCIAS
  • ÓRGANOS INTERNOS. Seguimos reforzando o coñecemento do noso corpo con algúns dos órganos internos e o seu nome. 
  • EXPERIMENTO: FACEMOS UN VOLCÁN. Reproducimos a forma dun volcán con axuda de plastilina e facemos a mezcla de dous ingredientes que produce unha reacción similar a erupción dun volcán (bicarbonato e vinagre)
  • MONUMENTOS E ANIMAIS DE AMÉRICA. Seguimos o noso recorrido polo mundo, está vez facemos parada en América.
  • EQUILIBRIO. Nesta actividade traballamos sobre todo a capacidade de concentración e  a paciencia necesaria para lograr un obxetivo: manter en equilibrio as canicas

  1. RECUNCHO DE MATES
  • LOGICO-PRIMO. Retomamos este xogo para seguir traballando actividades de lóxica, concentración, atenció, causa-efecto, cantidades... Resulta moi versatil pola cantidade de fichas que podemos empregar.




  • ATASCO. Contamos cun xogo novo chamado o Atasco que nos axuda a traballar a organización espacial. Consiste en lograr liberar ó camión dos xeados movendo o resto de coches e camións que dificultan o paso. Existen tarxetas con catro niveis de dificultade, o que permite unha perfecta adaptación para todos.
  • MINI-ARCO. Este é outro dos mellores xogos que temos xa que segundo o libro que empreguemos podemos traballar infinidad de obxetivos.
  • NÚMERO MISTERIOSO. Esta é unha das actividades que teñen a súa disposición para levar a casa. Consiste en buscar cal é o número misterioso que falta en cada tarxeta (do 1 ó 9)
  • TÁBOAS DE DOBLE ENTRADA. E unha fantástica maneira de traballar a lóxica e habilidades de discriminación visual.