fondo
venres, 28 de febreiro de 2020
mércores, 26 de febreiro de 2020
Entroidando
Esta última semana de cole foi diferente e divertida.
Fíxonos estar un pouco revoltosos pero mereceu a pena co ben que o pasamos.
Cada día tivemos que seguir os mandatos do meco:
O luns algo na cabeza traerás
O martes ponte algo na cara
O mércores os zapatos diferentes traerás
O xoves quentiño/a con roupa de durmir virás
Para o venres, todo o cole se puxo dacordo para disfrazarse en protesta do cambio climático.
En infantil realizamos os traxes coa temática do reciclaxe.
Na clase de 5 tocounos ser iglús de vidro.
E como non puidemos facer o disfraz con vidro...
E este foi o resultado:
Desfilamos diante de todo o cole mentras bailabamos e cantabamos a canción "Recicla, recicla"que estiveramos ensaiando pola semana, e despois... trouleamos un pouco.
Levabamos as pilas cargadas porque antes do recreo...
Tamén fixemos unha carauta que nos deu bastante traballo. Tivemos que doblar papeliños... e resultounos un pouco complicado... para un lado, para o outro...
E como traballamos tanto e tan ben... o venres fómonos a casa cun pequeno monicreque de cada un de nós!
domingo, 16 de febreiro de 2020
Día de San Valentín
Para celebraro día de San Valentín estivemos traballando coa temática do amor. Aprendimos unha poesía de Rosalía de Castro, levounos un par de días pero de seguro que inda seguimos recitándoa de vez en cando subidos á cadeira! Ademáis escribímola, repasámola e decorámola reinterpretando este cadro de Andy Warhol "Lips Prints" e entre tanto arte... pasámolo de marabilla!!
Eles foron os encargados de decidir a quen ou quenes lle entregaban o agasallo...
E na hora do conto, despois do traballo duro ;) aproveitamos para volver a ler "Te Quiero (casi siempre)"
domingo, 2 de febreiro de 2020
Paula cumpre 6!!
O mércores foi o cumple da nosa compi Paula!
Moitííííísimas felicidades!!!
Para celebralo cumple decoramos a coroa e escribimos os nomes de todos por dentro.
Cantámoslle o cumple feliz, sesión de fotos, merenda exquisita e fixemoslle todos un debuxo para agasallar a Paula . Ela trouxonos uns personalizados para cada un! Grazas!
Ademáis antes de irnos para casa estivemos pintando con siluetas e escribindo un pouquiño todos xuntos!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)