fondo

xoves, 19 de decembro de 2019

Un día xenial!

Hoxe foi un día deses... estupendos!

A primeira hora música coa profe Bea!

Na seguinte, unha contacontos cos nosos compis de infantil: Ú-la Lúa?



Despois da merenda, parecía que o tempo non nos quería dar tregoa para ir o patio e que iamos ter que quedar na aula pero... ocurriusenos unha idea, sesión de curtametraxes de educación emocional: "Piper","El puente", "For the birds", "Alike" y "Belleza en las Nubes". Casi nin pestañexaron!


 E o acabar... un último vídeo... por cortesía da profe Leti! Tiñamos unha misión: salvar o Nadal!!

Tivemos que superar 4 retos nos que atoparíamos 3 cifras que serían a clave para abrir un candado... pero antes, tamén había que atopalo!

O primeiro reto navideño consistía nunha tabla do 100 cun código de cores. Organizarse, pintar, armar a tabla e descubrir o que aparecía, todo de maneira colaborativa. Unha pequena pista, pensade nun número que teña que ver co debuxo... e solucionado! 9 era o número buscado, xa que 9 son os renos de Papá Nöel!





O segundo reto consistía en buscar imaxes navideñas, dividímonos por grupos. Nalgunhas imaxes había letras escondidas, que palabra podíamos compoñer? Trineo!!! o trineo de Papá Noel!






O terceiro reto era inda máis dificil. Primeiro tiñamos unhas pezas... montamos un puzzle, había palabras escritas, eran números!! ordenámolos, vimos cantos faltaban entre dous números específicos... e xa tiñamos outra cifra!





O último reto consistía en atopar unha palabra. Non iba a ser fácil, primeiro tivemos que compoñer un crucigrama navideño. Coas letras que quedaban nos recadros verdes había que formar unha palabra. Despois de moito pensar... atopámola, era barba!!




 Pero qué quería decir. A barba de Papá Noel? buscamos e atopamos un na porta... pero non había nada... había outro colgado na parede do pasillo... e alí estaba! un código Qr. Tras escanealo, introducimos as 3 cifras e reto superado, conseguimos salvalo Nadal! 







Grazas profe Leti por seguir ensinándonos mentres desfrutamos!

venres, 6 de decembro de 2019

Días especiais: 21 de novembro, 25 de novembro e o cumple da Constitución!

O 21 de novembro conmemoramos o día dos dereitos do neno e da nena. Para entender un pouco de qué se trataba visionamos un pequeno vídeo ondese explicaba que era a carta dos dereitos do neno.
Despois estivemos falando deles, son dez moi importantes. Collimos papel e rotu... e a ver cales nos pareceron máis importantes, un pouco de escritura, algún debuxo... e sobre todo aprender !





Cada 25 de novembro celébrase  o "Día da non violencia contra a muller" no colexio os nenos e nenas de infantil fixemos actividades adaptadas a nosa idade que dalgunha maneira nos axudaron a entender actitudes e situacións que debemos evitar...

Visionamos o conto "Arturo y Clementina" no que unha parella de tartarugas decide casar e irse vivir xuntas. Arturo non coida moi ben a Clementina... así que despois de moito tempo e moito pensar... decide marchar e vivir feliz.
Despois de velo falamos da relación das tartarugas, se lles parecía ben como lle falaba a Clementina (as caras dos nenos e das nenas mentres viamos o conto... falaban soas), que lles pareceu que Clementina se fose... 

O día seguinte, martes, no debuxo libre apareceu algunha tartaruga...

Despois de ver o conto pintamos uns lazos de cor violeta e escribimos por detrás a nosa dedución, non hai que querer pouco nin moito, hai que querer bonito!
E levámolos para casa así de contentos:



                 







Esta semana tamén vimos algo raro ao cambiar de folla no calendario, había varios días en vermello. Pois resulta que o venres non había cole, festivo dixo un neno, pero que é festivo? preguntou outro... Pois resulta que é un día de festa, tiñamos que celebrar un cumple... o da Constitución! levounos un cacho aprender o nome dese libro e de qué trata... pois neso estivemos indagando. Fixemos unha composición "soliños", e a mestra... non se acordou de sacalas fotos...


domingo, 24 de novembro de 2019

Actividades complementarias

Este tipo de actividades realízanse para completar o traballo de aula, pero coa característica de que o lugar, o momento ou os recursos non son os habituais do día a día. A comunidade educativa expándese. 

A semana pasada, aproveitando a clase que nos ían dar dúas enfermeiras sobre primeiros auxilios, traballamos  un pouquiño... con moito corazón!

Falamos do corazón e da súa función, notamos o "motor" do noso corpo saltando un ratiño seguido...

Realizamos uns corazonciños para os nosos peluches que picamos e decoramos libremente. E xa que tiñamos de visita os nosos bonecos, fixemos a relaxación con eles.



Ademáis tivemos unha tarefa, estivemos cantando cada día a canción que nos pediron as enfermeiras que aprendésemos para axudarnos a memorizar o que tiñamos que facer en caso de emerxencia sanitaria: "Había una vez una persona dormida".

Asistimos o curso no que aprendemos como se fora un xogo a protexer, avisar e socorrer a unha persoa. Estivemos moi atentos e a verdade, fixémolo xenial!






Aproveitamos a temática para convertérmonos en Miró e realizamos unha versión da súa obra "Bailarina" que nos quedou así de ben!





Antes de retomar o blogue tamén fixemos un par de actividades complementarias que quedaron sen ensinarvos, inda que os/as peques seguro que vos falaron delas.

Un contacontos na ocioteca (ó que fomos en bus!!) titulado "Construindo a Igualdade". Para os nenos e as nenas de 4 e 5 anos, preparouse "O Ratiño Presumido" que reformula o conto clásico da "Ratiña Presumida" tendo como protagonista a un rato e querendo en todo momento producir un intercambio dos roles tradicionais. Ademáis tamén contaron o conto "Oliver Button é unha nena" e... por último, para deleite dos nenos de das nenas convertéronos os mestres e as mestras que alí estabamos en personaxes de conto e tivemos que interpretar a obra, con canción e baile incluído!







Tamén recibimos no cole a visita da Asociación Cultural Falcatrueiros, que viñeron a darnos unha pequena clase introductoria de baile. Non só fixemos baile galego, senón tamén balet, e ademáis de coñecer un pouquiño máis estas disciplinas... pasámolo pipa. E para mostra...




Por último quería recordarvos que no blogue do cole 
http://colemonterroso.blogspot.com/ se van colgando algunhas das actividades que se organizan no centro. As fotos do fotocall de Halloween xa están publicadas, pasade a velas. Ademáis na web do cole http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmonterroso/ tamén tedes información de interés como por exemplo os menús escolares.