fondo

venres, 30 de xuño de 2017

OS MELLORES LIBROS PARA NENOS 5-8 ANOS

Hoxe apetecíame deixarvos un artículo sobre  libros interesantes cos que contamos para estas idades. A literatura infantil está crecendo enormemente na última década e no mercado existen unha variedade moi ampla. Aquí tedes unha selección... Desexo que vos resulte interesante.


Resultado de imagen de libros para niños inician primaria

mércores, 28 de xuño de 2017

DE MAIOR QUERO SER...


BUSCA E ATOPA EN VERÁN...

Esta actividade segue a línea das que realizabamos na clase porque axudan a traballar a atención sostida. Ademáis, traballamos lectura (os que todavía non saben contan coa axuda das imaxes) e o conteo. Descarga AQUÍ


Summer Find and Colour Activity - free printable fun!

SIMON DICE... XOGO DE ATENCIÓN E MEMORIA


Hoxe preséntovos un xogo moi coñecido que nos serve para poñer en xogo a nosa atención e memoria ¿ata que nivel eres capaz de chegar? Fail click na imaxe para acceder ó xogo...
 SIMON DICE

domingo, 25 de xuño de 2017

LABERINTO ABC...

Aquí vos deixo un pasatempo para este verán. Trátase dun laberinto pero de sons, tedes  que ir pintando os debuxos segindo o abecedario... preparade o abecedario e a pintar.
http://lh3.ggpht.com/_GZF2wf99Kho/SwW1MiV7lQI/AAAAAAAAAbw/QGWGTmMzYZ0/docu0054.jpg

E o laberinto da P e da M. Collede unha cor e comezade polo que máis vos guste


venres, 23 de xuño de 2017

mércores, 21 de xuño de 2017

XOGOS DE LINGUAXE...

Aquí vos deixo unha selección de xogos online para traballar a conciencia fonolóxica durante o verán. Esta capacidade é fundamental para crear os futuros lectores e evitar os errores que se dan con frecuencia na aprendizaxe da lectoescritura. Fai click na imaxe ou no enlace de abaixo para acceder


 XOGAR


martes, 20 de xuño de 2017

NOTAS PARA O VERÁN...



CUMPLEAÑOS UXÍO...

Estamos xa na última semana do cole e toca celebrar cos nosos compañeir@s os cumpleanos que son no verán, por eso de compartir un momento especial e tamén saír no blogue, que lles encanta.

O primeiro é Uxío que cumplirá en xullo ¡MOITAS FELICIDADES!








martes, 13 de xuño de 2017

FRASE SECRETA...

Hoxe demos un paso máis como detectives e non só tíñamos unha palabra secreta, senón toda unha frase...pero con premio. Nesta actividade puxemos en xogo un montón de habilidades necesarias para poder levala a cabo:

  • Descifrado do código. Correspondencia dun número cunha letra
  • Concentración e atención sostida
  • Lectura da frase completa
  • Comprensión do lído para poder realizar a acción pedida
A actividade tiña a similude ca anterior no descifrado dun código no que había que cambiar cada número pola letra correspondente, pero neste caso nun nivel máis complexo xa que eran moitas máis palabras a descifrar e chegaba un punto no que algúns perdíanse. Por outro lado, unha vez descifrado era necesario un segundo descifrado, "a lectura". Algúns xa o fan moi ben e outros pouquiño a pouco vanlle collendo o truquillo coa miña axuda. E xa para rematar, se pretendemos que a lectura teña a súa funcionalidade real, é preciso comprender o que nos di e polo tanto facelo. Para esta última proba tivemos que volver a leer de novo... Finalmente, chocamos as cinco!





Por certo, a mensaxe escondida era LEVANTA A MAN DEREITA SE QUERES GAÑAR UN OSITO

luns, 12 de xuño de 2017

XOGOS MATEMÁTICOS...

Despois de facer as actividades individuais estivemos facendo un xogo matemático por parellas. A actividade consiste en tirar os dados, sumar, ou contar todos os puntos e pintar o resultado. Aquel que pinte todos ou máis (se xogamos con tempo) é o vencedor.







Tamén aproveitamos os dominós numéricos para facer unha actividade moi semellante. Sumamos as dúas cantidades e colocamos ó redor do número que da como resultado.