Esta semana estivemos facendo un obradoiro de grafismo relacionado co inverno e coas figuras redondas. Houbo moitas actividades implicadas nesta: recordamos as líneas rectas, horizontais e verticais, practicamos o recortado, trazado de distintas formas fundamentalmente circulares, recortado da base circular para o copo e montaxe deste copo tan especial. Como todas as actividades plásticas, gustoulles enormemente e disfrutaron un montón a vez que puxeron en xogo un montón de destrezas.
Esta semana comezamos a facer unha serie de traballos en parellas. Empregamos as mesmas parellas que os encargados do día. Pola mañá, cando chegamos e despois das rutinas diarias (canción Bos días, Días da semana, calendario, cómo foi o fin de semana...) cada parella realiza unha actividade que nos permite traballar a conciencia fonolóxica (caixa dos sons, caixa rosa de Montessori, son vogal inicial), o trazo e escritura (dictado mudo: palabras con M, calendario, vocabulario do corpo), recoñecemento dos nomes dos compañeiros, xogos matemáticos no ordenador, psicomotricidade fina (vestimos a un boneco: botóns, cremalleiras, velcro, atado de cordóns) e o miniarco (nesta primeira ronda traballamos a búsqueda de figuras iguais e o vocabulario: círculo, cadrado, triángulo, rectángujo grande, mediano e pequeno).
Gustoulles moito e non resulta unha actividade tediosa xa que cada día fan unha diferente.
MINIARCO
ORDENADOR
DICTADO MUDO: A LETRA M
PARTES DO CORPO
SON INICIAL: VOGAIS
CAIXA DE SONIDOS
CAIXA ROSA DE MONTESSORI: PALABRAS DE TRES LETRAS
PSICOMOTRICIDADE FINA: VESTIMOS Ó BONECO
DICTADO MUDO. A actividade consiste en escribir e debuxar nunha pizarra blanca con rotulador as palabras dadas, que esta 1º ronda comezan pola letra M. Con esto traballamos vocabulario, escritura, orden na escritura...
O corpo humano: Esta actividade comezámola coas principais partes do corpo: cabeza, brazo, man, perna e pé. As respostas están postas na parede, lonxe de onde eles escriben, polo que traballamos a memoria das letras que deben ir escribindo. O traballo por parellas tamén é moi importante.
CAIXA ROSA MONTESSORI: Está composta de palabras de tres letras. É un acercamento a lectura de palabras comenzando polas máis sinxelas, con sentido. Teñen que colocar cada palabra debaixo da foto correspondente.
LIBRO DOS COMPAÑEIROS: Seguimos traballando co nome dos compañeir@s xa que todavía non os temos todos claros.
VESTIMOS Ó BONECO: Con esta actividade traballamos a psicomotricidade fina, para ter uns dedos áxiles. Algunhas veces cústanos un pouco e a fustración lévanos a desistir, pero é importante que nestas idades os nen@s teñen pequenas responsabilidades e sexan autónomas en tarefas como vestirse, poñer botóns, cremalleiras...
CONCIENCIA FONOLÓXICA: Traballamos vocabulario fixándonos o son polo que comezan. As vogais son as primeiras xa que o seu nome corresponde directamente co seu son. Algunhas veces descoñecen o vocabulario presentado e outras teñen curiosos e interesantes problemas (ante unha imaxe que amosa unha especie de cazadora, que non encaixa en ningunha das vogais, ún di que é un abrigo polo que vai na columna da A e outro que é un impermeable polo que vai na columna da I) Por isto, é importante coñecer os porqués de moitas cousas que fan sen acollerse directamente a "está mal".
CALENDARIO DO DÍA: ainda quecada día unha parella é responsable de poñer o día, incluín esta actividade un pouco máis extensa para que logren comprender un pouco mellor o día, mes, ano no que vivimos
CAIXA DOS SONS: temos unha caixa de caixóns nos que hai algunhas letras e unha bolsa con diferentes obxetos para clasificar segundo o son inicial. Esta actividade gústaslle moito e incluso aportaron algúns obxetos para mellorala
MINIARCO: Este xogo é moi completo e versátil xa que os libros que o complementan traballan todo tipo de contidos: linguaxe, conteo, semellante, razoamento, figuras xeométricas... Neste primeito contacto fixemos a búsqueda de imaxes iguais e a colocación correcta das fichas. Tamén ten a ventaxa de que é autocorrectivo.
ORDENADOR: moitas veces empregamos as novas tecnoloxías para apoiar os contidos da etapa pero na PDI (pizarra dixital interactiva). Nesta actividade aprenderemos a empregar o ordenador, o rato e diferentes xogos de todas as áreas. Nesta ocasión estivemos co Curious George xogando ó Lanzador de Albóndigas para traballar as cantidades numéricas.
Voltamos á escola e tocaba celebrar o cumple de Nico que cumpliu cinco anos antes de acabar o ano ¡Moitas Felicidades!
Teño que agradecer a todas as mamás que fan esos biscoitos tan ricos e tendo en conta a alerxia que temos na aula, o que nos permite compartir con todos, sen distinción, deste momento tan importante para @s nen@s.